Enquisa para colaborar no proxecto de investigación STEMBach
Un alcume é un substantivo antropónimo que se engade ou substitúe ao nome dunha persoa ou unha familia, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias. Entre os seus sinónimos recóllense palabras como adeallo, alcuño ou nomeada.
Xorden na Idade Media nas aldeas e na contorna rural, desempeñando un importante labor: a de establecer unha individualización das persoas e familias, distinguindo a uns e outros habitantes dentro da mesma zona.
É evidente que forman parte da nosa cultura e herdanza, xa que se transmiten de xeración en xeración. Porén, é probable que co transcorrer do tempo desaparezan. Por este motivo, alumnado do IES Val Miñor teñen en mente a realización dun traballo de investigación que poña por escrito a recolleita de alcumes para que a nosa historia, que é a historia de todas/os non quede relegada ao esquecemento.
O traballo ten como proposta a recollida de alcumes das familias do propio centro e daquelas próximas á zona limítrofe ao propio centro, polo que de antemán agradecemos a vosa colaboración cubrindo a seguinte enquisa.
Para acceder á enquisa preme AQUÍ.