Saltar navegación.
Inicio

G-Night. A volta do pirata da pata de pau

O xoves, 22 de setembro, celebrouse unha charla para o alumnado das materias de bioloxía e xeoloxía de 1º de bacharelato e bioloxía de 2º de bacharelato, titulada "A volta do pirata da pata de pau". A charla foi impartida pola profesora de física aplicada da facultade de telecomunicacións, Bety León.

Con este desconcertante título, proponse cómo sería un pirata identificable pola súa pata de pau, o seu parche no ollo, a súa dentadura fanada e o seu garfo na actual era dos biomateriais. Durante a charla, a ponente explicou as características que deben ter os biomateriais de 1ª e 2ª xeración para poder integrarse no funcionamento normal do noso corpo favorecendo unha interacción axeitada cos tecidos vivos. Posteriormente, explicou as novas estratexias do biomimetismo ou materiais bioinspirados (biónica) que se leva a cabo en grupos multidisciplinares de investigadores e investigadoras que fusionan a enxeñería coa Natureza. Este materiais de 3ª xeración supoñen unha aproximación á mediciña rexenerativa ou enxeñería de tecidos.

Esta actividade desenvólvese ó abeiro do programa da "Noite Europea da Persoas Investigadoras" no que participa a Universidade de Vigo. Podes obter máis información pinchando AQUÍ.