Saltar navegación.
Inicio

QUENDAS DE MATRÍCULA DO 1 AO 5 DE XULLO. HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:00. LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO.

As quendas de matrícula terán lugar do 1 ao 5 de xullo. O alumnado dos centros adscritos recibirá o SOBRE DE MATRÍCULA no seu centro de primaria e terá que achegarse con el cuberto o día que lle corresponde . O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula no momento de entrega de notas.

Os documentos segundo a normativa deben ser asinados por ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras estén ou non casadas. En caso de que non poida ser así dispoñedes nos seguintes enlaces dos documentos de consentimento da outra persoa. No anexo bis II ou ben unha declaración responsable indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra persoa.

O alumnado do centro, que titule en 4º ESO ou se vaia do centro, terá que devolver o ORDENADOR EDIXGAL o 17 de xuño, día no que levarán para casa unha folla que é imprescindible devolver asinada antes do 21 de xuño.

Os días de entrega dos libros pertencentes ao banco de libros da ANPA é o seguinte:

1º,2º,3º,4º ESO e 1ºBach - 25 de xuño de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 na Biblioteca

Alumnado  da convocatoria extraordinaria das ABAU- 5 de xullo de 11:00 a13:00

O alumnado que no curso 2023-2024 non estivera matriculado neste centro e fora admitido durante o proceso de admisión debe esperar a ser avaliado no seu centro. Unha vez que saiban que promocionan, deben solicitar un certificado académico (non é válido o boletín de notas) e recomendámosvos recoller na conserxería do IES Val Miñor o SOBRE DE MATRÍCULA. Dispoñedes tamén na páxina web do centro dos documentos que precisaredes.

QUENDAS EN HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:30 :

1 XULLO 4º ESO

2 XULLO 3º ESO

3 XULLO 1º e 2º ESO

4 XULLO 1º BACH

5 XULLO 2º BACH

NO CASO DE TER IRMÁNS poderá facerse o procedemento de matrícula o mesmo día (elixan unha das quendas que corresponda a algún dos irmáns).

A partir de 3º ESO hai que pagar o seguro escolar, que ascende á cantidade de 1,12 euros. Poderá pagarse no propio centro o día da matrícula ou no seguinte número de conta, indicando no concepto o nome e apelidos do alumno ademais do curso no que se matricula. Nº DE CONTA: ES18 2080 5052 1630 4000 4559 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-25 CLICA  Aclaración en 4º ESO, Matemáticas A correspóndese coa asignatura Matemáticas aplicadas e Matemáticas B coa asignatura Matemáticas académicas.

A ANPA do centro dispón dun banco de libros e para coñecer o seu funcionamento podes atopar información nas seguintes circulares:

Información do funcionamento do banco de libros clica

Ficha para facerse socio/a da ANPA clica

 

AdxuntoTamaño
ficha_ANPA.pdf1.33 MB
Información banco de libros ANPA_24-25.pdf441.65 KB
autorizacion_actividades_complementarias.pdf518.09 KB
AnexoIII_ESO.pdf587.01 KB
AnexoIII_Bach.pdf1.17 MB
1_ Bacharelato_CIENCIAS.pdf637.87 KB
1_Bacharelato_ CCSS_HUM.pdf564.52 KB
1_3_ESO.pdf553.33 KB
2_4_ESO.pdf428.1 KB
Autorización uso datos persoais_alerta.pdf868.8 KB
transporte_escolarESO.pdf343.01 KB
Libros_texto_2024_25_paxweb.pdf1.7 MB
AnexoII_bis_autorizacion.pdf354.17 KB
a_modelo_Declaración_Responsable.odt92.48 KB