Saltar navegación.
Inicio

Observación de aves na Foz do Miñor

Con motivo do Día Mundial dos Humedais (2 de febreiro), o alumnado de 1º ESO realizou unha visita á Foz da Ramallosa para a obervación de aves.

O DEpartamento de Bioloxía e Xeoloxía conta cun telescopio para aobservación de aves polo que foi doado avistar as diferentes especies que ocupan o esteiro do río Miñor.

É habitual observar garzas reais (Ardea cinerea), parrulos (Anas plathyrhiynchos), cormoráns grandes (Phalacrocorax carbo), garcetas (Egretta garzetta), diversas especies de gaivotas, espátulas (Platalea leucorodia) e mesmo águias pescadoras (Pandion haliaetus), ainda que en ocasións chegan á Foz da Ramallosa especies raras de xeito moi ocasional.

O esteiro da Foz do río Miñor é un espazo integrado na rede de Espazos Rede Natura 2000 polos seus singulares mediomabientais e pola súa importancia como lugar de referencia de moitas aves acuáticas migradoras que fan escala na Foz nos seus longos percorridos dende o norte de Europa a África.

A Foz de Ramallosa é hoxe un lugar seriamente ameazado pola contaminación fecal e polo desenvolemento de numerosas actividades humanas.

Para ver as fotografías da saída picha AQUÍ.