Saltar navegación.
Inicio

Alumnado de 3 ESO colabora na limpeza de Praia América

O pasado 6 de maio o alumnado de 3ª de ESO particpou nunha xornada de recollida de lixo no areal de Praia América, unha actividade organizazada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Val Miñor en colaboración co Concello de Nigrán.

Para ver máis fotos preme AQUÍ!

Como ven sendo habitual todos os anos, alumnos e alumnas do instituto participan nunha xornada de recollida de lixo en Praia América. Esta actividade pretende concienciar ó alumnado do grabe problema medioambiental que supón o lixo, especialmente para os organismos mariños, moitos dos cales morren por inxerir estes residuos. O plástico é o pricipal compoñente destes residuos, especialmente plásticos de pequeno tamaño que perdurarán no ecosistema durante moitos anos.

Durante a actividade rexistrouse a cantidade dos distintos tipos de residuos recollidos coa finalidade de analizar os datos obtidos.