Saltar navegación.
Inicio

VISITA A CELANOVA E VILANOVA DOS INFANTES

CLICA PARA VER AS FOTOS

O alumnado de 3º ESO visitou a vila de Celanova e a veciña Vilanova dos Infants. Unha actividade interdisciplinar entre os departamentos de Musica e de Lingua Galega e Literatura. Nunha xornada acompañada de bo tempo puideron gozar dun concerto didáctico de órgano no mosteiro de San Salvador de Celanova, do recitado de poemas pola vila e da visita á Casa dos Poetas, lugar onde coñeceron algo sobre a vida e obra de autores celanoveses como Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Méndez Ferrín. Un día completo que supuxo un xeito diferente de aprendizaxe.