Saltar navegación.
Inicio

XORNADA DEPORTIVA PARA O ALUMNADO DE 1º ESO E 1º BACHARELATO.

Co obxectivo de descubrir posibiliades de actividade física no entorno próximo ao centro, o alumnado de 1º ESO realizou unha actividade de iniciación ao surf en colaboración co Concello de Nigrán, que puxo en contacto as escolas de surf, co alumnado do noso centro. E por outra banda o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a unha xornada multideportiva nas instalacións deportivas do club URECA, tendo a posibilidade de practicar pádel e tenis.  A continuación unhas fotos da xornada, se queredes ver máis clicade nas imaxes.