Saltar navegación.
Inicio

PROMOCIÓN DO TENIS NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Para ver o album de fotos CLICA AQUÍ

O tenis volve a ter protagonismo nas clases de Educación Física. O obxectivo continúa a ser o mesmo, conseguir ofertar ao alumnado opcións de actividade física para a adquisición dun estilo de vida activo e saudable. Temos que facer varios agradecementos, por un lado ao concello por permitirnos usar as instalacións municipais "Dunas de Gaifar", por outra banda á ANPA que este ano mercou para o departamento raquetas de tenis e tamén mencionar o apoio da Federación de Tenis a través da campaña "Tenis na escola", que permitiu ao centro realizar a unidade didáctica de tenis cun kit de material que puxeron a nosa disposición. Asemade esta intervención todavía non está rematada pois en breve o alumnado de 1º Bacharelato poderá disfrutar das instalacións deportivas "Ureca" que se abren para nós e unha campaña de iniciación ao tenis en horario extraescolar a través do programa "Corresponsables" da Federación galega de tenis do que en breve informaremos. Esta campaña sería para o alumnado menor de 16 anos.