PROXECTO DIDÁCTICO Antonio Fraguas: OS LOCAIS DE LECER NO NIGRÁN DO SÉCULO XX.
O proxecto do IES VAL MIÑOR (inserido dentro do Plan Proxecta +, programa didáctico Antonio Fraguas) ten como obxectivos o recoñecemento por parte do alumnado dos locais de lecer e tempo libre que existían no Nigrán do século XX e tamén recuperar a memoria colectiva da diversión daqueles tempos.