A semana do 23 de febreiro celebramos a Rosalía, como sempre cómpre facer, cun ronsel de actvidades que engalanaron o centro.
Seguimos o mandato da AELG e realizamos un poema colectivo a partir do EU SON LIBRE da poeta universal, e tedes no vídeo o resultado con representantes de cada clase a declamar.
Nas aulas da ESO ademais fixemos HAIKUS a partir de versos rosalianos cos que cubrimos os corredores do IES. Enchemos de versos o centro!
Cunha selección destes poemas fixemos un recitado na radio escolar o propio día 23, porque lendo e entendendo a Rosalía somos máis libres.