Saltar navegación.
Inicio

PARABÉNS A NOSA ALUMNA STELLA DEL CARMEN MISA MARTÍNEZ POLO SEU 2º POSTO NO PREMIO STEPHEN HAWKING

A alumna Stella del Carmen Misa Martínez, co seu proxecto “Análise da capacidade de Ulva lactuca na eliminación de zinc”, titorizado por César Rodríguez, profesor deste centro, e Óscar Nieto da Universidade de Vigo, logrou un segundo posto nos premios Stephen Hawking do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, coordinado polo catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, Ángel Carracedo.

Ademais, tamén foron finalistas os proxectos de Alejandro Martín del Río e Raquel Xing Iglesias Iglesias, titorizados por Juan Hermida e César Rodríguez e codirixidos por investigadores da Universidade de Vigo e o Instituto Español de Oceanografía de Vigo.

Parabéns aos tres polos traballos tan bos que fixestes!

WEB DO PREMIO  : https://sites.google.com/iesrosaliadecastro.org/premiostephenhawking

NOTICIA NA PRENSA:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2022/02/19/premio-stephen-hawking-va-caldas-nigran-ourense-santiago/0003_202202S19C6991.htm