Saltar navegación.
Inicio

RADIOTECA VAL MIÑOR: comezamos a gravar!

O pasado 4 de febreiro comezamos as gravacións de RADIOTECA VAL MIÑOR, a radio escolar que puxemos a andar no IES.

Foi o alumnado de 3ºPMAR quen creou este programa iniciando unha xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de ocio en Nigrán no século XX, coa angueira de salvagardar a memoria colectiva deses lugares que na súa inmensa maioría xa non existen. Este traballo de investigación fai parte do Proxecto Didáctico Antón Fraguas, dentro do programa PROXECTA+ da Consellería de Educación.

Tivemos a sorte de recibirmos a visita de Tito, emblemático PT do centro ata hai dous anos, e gran coñecedor do noso concello e a súa vida social. Isma, Adrián, Nico e Bernar fixeron esta primeira entrevista chea de anécdotas e historia local que poderesdes escoitar no podcast de Radioteca Val Miñor. CLICA AQUÍ para escoitar


AdxuntoTamaño
IMG-0517.jpg1.51 MB
IMG-0521.jpg1.33 MB