Tres alumnos do IES Val Miñor foron seleccionados como finalistas na 4 edición do “Premio Stephen Hawking” promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Tres proxectos de investigación realizados por tres alumnos do IES Val Miñor foron seleccionados como finalistas na 4 edición do “Premio Stephen Hawking” promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Raquel X. Iglesias co proxecto titulado “Análise da concentración de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs) en mexillón da costa do Val Miñor”
Alejandro Martín co proxecto titulado “Estudio de la diversidad genética de una pequeña población de Zostera noltei en A Guarda”
Stella Misa co proxecto titulado “Análise da capacidade de Ulva lactuca na eliminación de zinc”.
Os tres alumnos, que cursan 2º de bacharelato, realizaron os seus proxectos durante dous anos dentro do programa STEMBach coordinados polos profesores do centro César Rodríguez do departamento de Física e Química e Juan Hemida do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os proxectos foron codirixidos por Óscar Palmeiro e Paloma Morán da Universidade de Vigo, e Begoña Pérez, investigadora do Instituto Español de Oceanografía. Os proxectos premiados coñeceranse o próximo 18 de febreiro, será entón cando os alumnos e alumnas terán que presentar e defender os seus traballos en Santiago de Compostela.
Á 4º edición do “Premio Stephen Hawking” estaban convocados 46 centros de ensino secundario de toda Galicia onde se desenvolve o STEMBach. Nesta edición a figura científica de referencia é o catedrático de Medicina Legal e experto en Medicina Xenómica, Dr. Ángel Carracedo, sendo “curiosidade e ilusión” o lema elixido para esta edición.
Os traballos foron seleccionados para a súa defensa o 18 de febreiro en Santiago de Compostela.
“Máis alá de conseguir algún dos premios, o importante para nós e o noso alumnado é a aprendizaxe que supón realizar un traballo de investigación de tan alto nivel que sen dúbida lles servirá como formación básica para os seus estudos posteriores”