MEDOMEDÁ: alumnado contacontos
O mércores 3 de novembro, pola volta de Samaín e Santos, alumnado de 2ºESO do IES foi contarlle historias de medo (e de chiste e amizade) ás cativas e cativos CEIP Humberto Juanes.
Tivemos ademais a sorte de facelo na futura Biblioteca Municipal, que abriron para nós antes de que estea operativa ao público, e por alí pasaron os nosos cantadores, homes do saco, vampiros, monstros, pantasmas e, sobre todo, unha experiencia marabillosa entre o alumnado dos dous centros veciños. Pasámolo de medo, e se non o credes, botádelle un ollo.