Saltar navegación.
Inicio

Recuperar o mosaico romano de Panxón: Conferencia Gustavo Pascual

Coñecer a nosa historia, o noso patrimonio! de M Xose

Este xoves 28 de outubro os alumnos de segundo de Bacharerato desfrutaron da conferencia para sensibilizarse coa importancia da recuperacion do mosaico. A Asociación  logrou unha rebaixa no prezo para recomprar a peza e traela e volta a Nigrán. A viaxe dende Nova York precisa facer escala en Londres e logo deberán facer os trámites para a entrada da obra na UE tralo Brexit. O crowdfunding achegou recursos pero cómpre implicación publica e empresarial para culminar con éxito a recompra. Esta semana o Concello de Nigrán anunciou que separaba 40.000€ para este fin.

A Xefa do Departamento de Clásicas presentou unha reseña da biografía de Gustavo Pascual: exalumno do noso centro, arqueólogo, profesor de Historia,... persoa comprometida coa preservación do noso patrimonio. 

Os nosos rapaces desfrutaron descubrindo a riqueza patrimonial da nosa contorna, o florecer do comercio marítimo en época romana polas salazóns que aquí se elaboraban. Debemos comprendelo coma un conxunto: as salinas de Oia, as vilas romanas na costa e os restos dos alfares de cerámica que facían as olas nas que se conservaban os alimentos e viños cos que se comerciaba. Non é de estrañar que apareza unha ara a Mercurio, o deus romano do comercio. 

Nese momento de opulencia foi construído este mosaico, con teselas de pedras de diferentes cores e calidade Opus Tessellatum, a segunda mellor en técnica. 

A temática é musivaria, peixes de consumo humano. Non sabíamos que daquela eran máis apreciados que a carne. Observamos nel probablemente un múxel e unha ameixa aberta... Tamén as marcas propias do obradoiro local que o fixo, a flor de auga. Desprazábanse onde tiñan traballo pero proviñan probablemente de Lucus ou Braga. 

Agardamos que poida voltar pronto ós seu lugar!

E que se poida investigar na contorna onde foi achado hai cen anos para poder documentar e preservar o xacemento!