Xulián Maure: A Xela Arias que eu coñecín
O pasado venres 21 de maio, dentro dos actos cos que celebramos o Día das letras galegas, tivemos o honor de contar con Xulián Maure, unha das persoas que máis tratou a Xela Arias. Un dos fundadores, no ano 1979, da editorial Edicións Xerais de Galicia, Xulián Maure é un convidado moi querido no noso instituto, do que foi profesor e director e ao que sempre está disposto a aportar a súa valiosísima experiencia. Neste caso puidemos asistir a unha conferencia (A Xela Arias que eu coñecín) de quen, entre outras cousas, deu a Xela o seu primeiro traballo no eido editorial. Gran coñecedor da súa obra e amigo persoal da familia da autora galardoada co Dia das letras galegas, foi un pracer pasar un anaco escoitando a lembranza da Xela íntima, profesional e galeguista que nos trouxo Xulián Maure. Velaquí a súa conferencia