Saída á serra da Groba
Saída á “SERRA DA GROBA”. CANDO NATUREZA E HISTORIA SE CONVERTEN NUNHA COMBINACIÓN “ESPECTACULAR”
O pasado mércores, 02 de xuño de 2021, o alumnado de 1º ESO A/B/C participou nunha saída cultural pola Serra da Groba, acompañados dos seus profesores e, tendo como guía, a Xosé Lois Vilar Pedreira, membro do Instituto de Estudos Miñoráns.
Observamos, coñecemos, analizamos os distintos accidentes xeográficos que enchen as nosas rías; a flora e fauna, especialmente das burras e as súas crías e das vacas e os seus becerros (malia que a algunha non lles gustara que botaramos a correr), do patrimonio arqueolóxico (muíños naviculares, petróglifos, etc); sempre tentando xerar un espírito crítico co que está a acontecer na nosa contorna.
Para seguir a visita con máis detalle, elaboramos unha ficha didáctica que tentamos seguir durante o tempo que durou a saída, mais que completamos nas nosas aulas.
A viaxe foi moi levadía, grazas ao condutores Fernando (no autobús) e Óscar (no taxi). Agradecémoslle a ambos a súa amabilidade.
Agradecémoslle a ambos a súa amabilidade.
MOITÍSIMAS GRAZAS a Xosé Lois Vilar por todo o que nos amosou, pola súa paciencia con nós, a súa amabilidade acompañándonos malia as súas moitas ocupacións, e pola súa paixón en defender O NOSO, a nosa identidade, nunha loita titánica porque non morra coas nosas avoas e avós ou no esquecemento.
Por último, grazas a todos participantes polo voso comportamento, malia o tempo meteorolóxico. Mágoa dos últimos 5 minutos de chuvia, que impediron rematar a actividade dun xeito tranquilo, e da alumna accidentada que non puido gozar da saída na súa totalidade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20210602_100218.jpg | 4.18 MB |
20210602_100314.jpg | 3.43 MB |
20210602_111013.jpg | 1.95 MB |
photo_2021-06-06_15-35-43.jpg | 131.79 KB |