Saltar navegación.
Inicio

PREMIO MULLER CIENTÍFICA 2021

           

 O IES Val Miñor outorga, desde 2018, o Premio Muller Cienfica, que trata de poñer en valor as   achegas que acadaron mulleres vinculadas ao ámbito cienfico. Entendido este no seu sentido máis   amplo, o certo é que a muller foi tradicionalmente excluída dalgúns campos de coñecemento, en   ocasións incluso directamente silenciada a súa contribución. Porén, hai investigadoras sobresaíntes   que  deben  ser  destacadas,  non    polos  méritos  acumulados,  senón  tamén  polo   exemplque supoñen na nosa sociedade e, particularmente, no noso alumnado.

Investigadoras como África González, Iria González ou Ana Ulla foron galardoadas co Premio Muller  Científica.  Foi  un  orgullo  poder  trasladarlles  o  noso  agradecemento,  en  nome  da comunidade educativa do IES Val Miñor, e desfrutar da súa participación no acto de entrega, no que tamén participou parte do alumnado do centro.

Este ano a premiada é Elena Ojea Fernández-Colmeiro, formada no IES Val Miñor e cun doutoramento en Economía Ambiental, logo de cursar o Grao en Ciencias Ambientais na Universidade  de  Salamanca.  Como  investigadora,  desenvolveu  o  seu  labor  tanto  en  centros europeos (a Universidade de Santiago ou o Centro Vasco de Cambio Climático (BC3) como de Norteamérica  (no  Bren  School  for  Environmental  Science  and  Policy  ou  colaborando  co Sustainable Fisheries Group).

Na actualidade, lidera o programa CLOCK: Adaptación clitica a poblaciones cambiantes, financiado polo Consello Europeo de Investigación, para o que se uniu ao Centro de Investigación Mariña (CIM), da Universidade de Vigo. Aquí creou o Future Oceans Lab, un grupo de xoves investigadoras e investigadores que traballan en torno ao impacto que o cambio climático exerce na vida oceánica e nas comunidades costeiras (co apoio do programa Oportunius da GAIN-Xunta de Galicia). E autora principal do sexto informe de avaliación do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC), un organismo da ONU que analiza o coñecemento científico sobre o impacto do cambio climático no mundo.

As áreas de coñecemento nas que Elena ten xa demostrado un nivel de excelencia, malia a súa xuventude, deben ser prioritarias para as comunidades, como a nosa, que viven a carón do océano. A súa elección como Premio Muller Cienfica 2021 énchenos, pois, de orgullo. Debido á situación actual, posporemos a celebración da entrega do premio, agardando que nalgún momento as condicións sanitarias permitan a organización do acto no noso centro.