CARREIRA E CAMIÑATA POR PRAIA AMÉRICA. TRABALLANDO A NOSA RESISTENCIA AERÓBICA ENTRE OUTRAS COUSAS.
A área de educación física, permítenos mellorar a nosa condición física, o noso estado de ánimo e a nosa saúde nestes momentos tan convulsos que nos está tocando pelexar. Aproveitando o fabuloso entorno no que vivimos, saimos a correr e camiñar polo paseo de Praia América, para encher os nosos pulmóns de osíxeno e poder seguir tirando para adiante. Destacar a participación do alumnado, cada un adaptando o ritmo ao seu nivel. Entre o que hai que destacar o ritmo que levou algún deles. Por exemplo Fernando, que fixo un ritmo espectacular nos 4 km de percorrido, rexistrado coas novas tecnoloxías, que hoxe nos permiten ter datos de análise sobre o exercicio que antes eran impensables, un ritmo de 4:54 un moi bo ritmo. Destacar tamén a natureza que nos rodea, sair e ver amencer, nesta praia, son as pequenas cousas que te fan cargar pilas e disfrutar do día. E ao voltar partido de floorball, estreando o chan novo do pavillón municipal. Que máis podemos pedir?