Saltar navegación.
Inicio

VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA

Nas clases de EF estamos valorando o estado da nosa condición física, analizando en que niveis están as nosas capacidades físicas. A nosa forza, velocidade, flexibilidade, resistencia, equilibrio, axilidade... É moi importante manterse activos, pois como xa sabemos, a realización de actividade física de forma regular aporta grandes beneficios para a saúde. Debido a pandemia actual os nosos niveis de actividade física son moito máis baixos e iso pode traer consecuencias non desexadas. A continuación achego un enlace a unha noticia que acaba de saír en prensa, para lembrarnos a relevancia de vencer ao sedentarismo. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2020/11/10/manuel-avelino-giraldez-pandemia-causa-estragos-sedentarismo-atroz/00031605042223933672114.htm  E no seguinte artigo aoparedes a apabullante lista de motivos polos que facer actividade física, tamén un artigo destes días na prensa https://www.elmundo.es/vida-sana/cuerpo/2020/11/11/5fabb4f721efa052688b4668.html