Contrato Programa
MEMORIA DE ACTIVIDADES CONTRATO -PROGRAMA 2019-20
Enviado por secretaria o Xov, 25/06/2020 - 21:17INTERVENCIÓNS REALIZADAS NO CENTRO COA FINANCIACIÓN DO CONTRATO PROGRAMA
Durante o período desta pandemia, estanse a realizar intervencións previstas a conta dos orzamentos recibidos do contrato programa. Esperemos que cando se retome a nova normalidade o centro continúe ofrecendo novas posibilidades de interacción social e mellorando a súa contorna.
Vaise a poñer un novo valado nas pistas, que estaba moi deteriorado. Fíxose unha nova zona de actividade física, o parque de calistenia. E realizouse resembrado de zonas que estaban bastante deterioradas para mellorar a paisaxe.
O CONTRATO PROGRAMA 2019-20 ESTÁ COFINANCIADO CO FONDO SOCIAL EUROPEO
Na resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20. O IES Val Miñor foi seleccionado.
A BIBLIOTECA AMPLÍA A SÚA OFERTA COAS PARTIDAS DE XADREZ.
A biblioteca, como centro creativo das aprendizaxes, amplía a súa oferta coa actividade do xadrez.
COMEZAMOS O OBRADOIRO DE RAP.
Este luns, 2 de marzo, comezamos o obradoiro de RAP. Temos como obxectivos finais: ser capaces de gravar e producir unha canción propia, gravar un videoclip entre varios dos compoñentes do obradoiro e realización dun evento en directo ao finalizar o programa.
ACTO DE ENTREGA " PREMIO MULLER CIENTÍFICA". DÍA DE GRAN RELEVANCIA NO CENTRO.
Se queres ver máis fotos do acto, clica nas imaxes
A prensa tamén se fixo eco do evento.
https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/03/03/ies-val-minor-reconoce-mujer/2256431.html
O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO VISITA A UNIVERSIDADE DE VIGO
O alumnado de 1º de bacharelato visitou as distintas facultades da Universidade de Vigo.
III PREMIO MULLERES CIENTÍFICAS IES VAL MIÑOR 2020
(ENLACE para ver a retransmisión en directo do evento. https://youtu.be/i1j-5zi6DGw Clica)
ANA MOURE, DA FUNDACIÓN MENELA, FALALLE AO ALUMNADO DE 2º DE ESO DO TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA.
Ao alumnado de 2º de ESO falouselle hoxe do trastorno de espectro autista (TEA). A nosa intención coa charla era informalos, formalos e concienzalos/as sobre como deben actuar con estes rapaces, como entender os seus comportamentos e como poñerse no seu lugar. Ana Moure, da Fundación Menela, mostroulle estes aspectos e deulle unha serie de orientacións para actuar. Só nos queda que todos os poñan en práctica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »