STEMbach, Contrato Programa
IV Premio Muller científica.
Seguimento na prensa:
PROXECTO DE MATEMÁTICAS E EDUCACIÓN PLÁSTICA DO 3º TRIMESTRE. Un xeito divertido de aprender xeometría.
O alumnado de 1º de ESO aprende xeometría a través do xogo do tangram feito na clase de educación plástica.
VISITA DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ EN SETEMBRO AO CENTRO
O alumnado do CEIP da Cruz Camos e do CEIP Humberto Juanes visitaron hoxe as instalacións do noso centro. No seu percorrido viron como se traballa na aula de plástica, de tecnoloxía, nos laboratorios... Asemade foron espectadores de tres obras de teatro realizadas polos seus compañeiros/as de 1º ESO. Desfrutade do verán e ata o 15 de setembro que nos veremos as caras.
AO CENTRO RODANDO OU CAMIÑANDO
Anímate a vir en bici. Xa tes un aparcabicis para deixala. Xa non tes excusa, tes onde deixala, fai bo tempo, ... A QUE ESPERAS, ACTÍVATE, AO CENTRO RODANDO OU CAMIÑANDO.
PROXECTOS 1º ESO BIOGAL
O alumnado de 1ºESO, no traballo por proxectos das materias Lingua Galega e Bioloxía, creou cadansúa peza teatral para representar a adaptación e supervivencia dos seres vivos. A peza de 1º A dirixe o futuro dos reinos en ELECCIÓNS NO BOSQUE. En 1º B presentan un interesantísimo CONGRESO DA BIODIVERSIDADE. E a clase de 1ºC vivirá unha gran aventura en MISIÓN SALVAR O BOSQUE. A semana do 24 de maio, no ronsel das letras, estreamos as nosas pezas. Para non perder!
RECICLANDO A TOLERANCIA
O instituto zumega e bule coa actividade neste final de curso.
POSTA A PUNTO DAS CANCHAS DE XOGO.
Repintáronse as porterías, cambiáronse as redes das porterías e das canastas e marcamos de novo as liñas das canchas deportivas, para atraer de novo ao alumnado a este espazo de actividade, tras un ano de pandemia duro. Esperemos todo vaia indo a mellor e poidan voltar a estar cheas de alumnado facendo práctica deportiva con normalidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »