Educación Física
CANDO O CAPITAL HUMANO ENTRA EN FUNCIONAMENTO OS RECURSOS MATERIAIS MULTIPLÍCANSE.
Este sábado 12 de xaneiro un grupo de familias e profesorado do IES Val Miñor sacaron músculo cooperativo, e unindo as súas forzas, conseguiron facer realidade un proxecto. A senda saudable de 300 metros perimetral ao instituto que ofrecerá máis alternativas ao alumnado para a interacción co espazo dunha forma máis activa, loitando contra a lacra social do sedentarismo. e ofrecer novas posibilidades de recreación na contorna natural do instituto, dentro do programa RE-CREO O RECREO.
Achegamos a continuación algunhas fotos. CLICANDO AQUÍ atoparás máis fotos do acontecido nas dúas xornadas, nas que tivo lugar a revolta das carretillas.
FELICITACIÓN DE NADAL E ENTREGA DE PREMIOS DOS TORNEOS DO RECREO DO PRIMEIRO TRIMESTRE
O venres antes das vacacións de Nadal coma en anos anteriores, o departamento de educación física felicitou as festas cun vídeo de Nadal, creado a partir da excelencia motriz do alumnado de 4º da ESO. Asemade, entregáronse os premios dos torneos de tenis de mesa e de fútbol que se levaron a cabo no primeiro trimestre.
A continuación tes unhas imaxes e o vídeo das combas clicando AQUÍ
Magosto 2018
O venreds 16 de novembro a partir das 12:30 da mañá celebramos o magosto no IES Val Miñor. Desenvolvéronse diversos xogos populares organizados polo departamento de educación física e o equipo de dinamización lingüística. O alumnado gozou do día e da participación en xogos tradicionais como a rá, os bolos celtas, a chave, carreiras de sacos, pelexa de galos, etc. Alumnado e profesorado axudou na coordinación dos xogos animosamente. A mañá transcorreu nun ambiente alegre e harmonioso, destacando a numerosa participación dos estudantes.
GRAZAS A TODOS POR CONTRIBUIRDES A TAN AGRADABLE MAÑÁ "MAGOSTEIRA"
Se queres ver o Vídeo e as imaxes dese día CLICA AQUÍ
XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS. PROGRAMA TEI.
Traballaron da man e arreo, o departamento de orientación e de educación física, xunto ao alumnado de 3º da ESO, preparando unha xornada de xogos cooperativos, para os afillados e afilladas de 1º da ESO, deste ano escolar. A través da mirada as seguintes fotos, podedes saber se os obxectivos de cooperación, integración, interacción, diversión, compromiso,... foron conseguidos.
A xornada tivo lugar o luns 22 de outubro.
SENDA SAUDABLE NO PATIO. POR UN PATIO ACTIVO. RE-CREO O RECREO.
O sábado 29 de setembro, o instituto foi testigo, da revolta das carretillas. Un proxecto que se leva xestando desde hai un ano, comeza a tomar forma e facerse realidade.
Nunha xornada de traballo duro, arrimamos os ombros, os rastrillos e as palas un grupo de nais e pais, alumnado e profesorado, para conseguir que o centro conte cunha senda saudable de 300 metros.
Cal é o obxectivo fundamental deste nova infraestructura. Pois conseguir que o alumnado poida ter máis posibilidades de adquirir un estilo de vida saudable e activo, a través das camiñatas que se poderá dar, durante os recreos ou as clases de educación física. Tentamos con esta senda saudable, que o alumnado se afaste do sedentarismo. A pandemia do século XXI, da que tanto nos alertan.
De todos é ben sabido que camiñar é bo. Pero bo para qué? pois para mellorar a nosa saúde cardiovascular entre outros moitos factores.
COMA SEMPRE O GALIÑEIRO, UNHA EXPERIENCIA INTENSA E GRATIFICANTE. SUPERACIÓN PERSOAL.
O alumnado de 1º de Bacharelato o venres 28 de setembro, realizamos unha actividade de escalada no sector cornus, do Galiñeiro. Da man de Montañeiros celtas. Unha xornada moi especial, nunha contorna espectacular.
Se queredes ver cómo foi a actividade clica AQUÍ para ver os vídeos e fotos desta xornada.
SURFEANDO EN PATOS.
O alumnado de 4º da ESO e as alumnas alemanas de Friburgo, que nos visitaron estes días. Disfrutaron dun día soleado na praia de Patos, realizando unha actividade de iniciación ao surf.
Se queredes ver cómo foi a xornada podedes acontinuación, ver as fotos e os vídeos.
Para ver o vídeo
Para ver as fotos clica aquí
PROGRAMACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA. CURSO 2018-19
No documento adxunto atoparedes a programación.
EXAMES DE SETEMBRO
EXAME PARA SUSPENSOS DE 1º DE ESO
Realizarán un exame práctico de bádminton, habilidades ximnásticas e probas de valoración de condición física.
EXAME PARA SUSPENSOS DE 1º DE ESO DA ASIGNATURA VIDA SANA
Realizará un exame sobre a ficha do meu prato saudable.
EXAME PARA SUSPENSOS DE 2º DA ESO
Realizarán un un exame práctico de balonmano, habilidades ximnásticas e probas de valoración de condición física.
EXAME DE PENDENTES DE 1º DA ESO E DE 2º DA ESO
Entregar o catálogo de exercicios de estiramentos.
EXAME PARA SUSPENSOS DE 3º DA ESO E PENDENTES DE 3º DA ESO.
Realizarán un exame teórico de condición física. Aquí tedes o enlace dos apuntes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »