Curso 2023-24
PROXECTO DE COMUNICACIÓN E PREVENCIÓN DO VAL MIÑOR. SESIÓN INFORMATIVA LUNS 23 DE OUTUBRO ÁS 18:30 horas..
O próximo luns 23 de outubro ás 18:30 horas no Salón de Actos do IES VAL MIÑOR terá lugar a sesión informativa sobre o proxecto de comunicación e prevención do Val Miñor (Habilidades comunicativas intrafamiliares e prevención de consumo de tóxicos) cuxas relatoras son persoal sanitario cualificado en habilidades sociais.
Estará dirixido para as familias e o alumnado de 3º de ESO.
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIÁTICA PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.
O obxectivo do obradoiro realizado en colaboración co CIM e con Cru Producións é reflexionar sobre o presente e o futuro da educación mediática tendo presente de maneira especial a necesidade de suscitar actitudes críticas respecto aos medios de comunicación e produtos audiovisuais.
REPRESENTANTES DO CENTRO JUAN MARÍA FALÁRONLLE AO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO DO VOLUNTARIADO.
Vane, Yago e David, alumnos do centro de Educación Especial, faláronlle ao noso alumnado de 1º de bacharelato do voluntariado. Agradecemos o seu gran labor e as súas ensinanzas. Grazas por todo.
O CLUB DE LECTURA O NIÑO DO BRIÓN COMEZA UNHA NOVA ANDAINA NESTE CURSO 2023-24.
O club de lectura do IES VAL MIÑOR comeza un novo curso con renovadas ilusións e con máis participantes que nunca.
Boa lectura para todos e todas!.
Yolanda Castaño gaña o Premio Nacional de Poesía
A poeta compostelá Yolanda Castaño, cunha traxectoria prolífica e amplamente recoñecida en Galicia, vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2023 polo Ministerio de Cultura e Deporte polo seu poemario Materia, valorado polo xurado como "unha poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio".
Cuncha de Ouro en San Sebastián para O Corno
O cine en galego segue a triunfar! Despois de que As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, arrasase na última edición dos Premios Goya, o pasado sábado 30 de setembro a directora donostiarra afincada en Santiago de Compostela Jaione Camborda fixo historia no Festival de Cine de San Sebastián ao ser a primeira muller española en gañar a Cuncha de Ouro. Fíxoo coa súa segunda longametraxe, O Corno, rodada en galego e de produción galega. O filme, protagonizado pola bailarina porriñesa Janet Novás, que con este traballo debuta como actriz, está ambientado na Illa de Aurosa a comezos dos 70, pero trata un tema moi actual: o dereito ao aborto.
A película estréase en Galicia o martes 3 deste mes no Festival Curtocircuíto, e chegará ás salas o día 11. Non vola perdades!
Aquí podedes ler unha entrevista á directora e ver o trailer da película:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9