Saltar navegación.
Inicio

Curso 2021-22

COMEZAMOS CO CLUB DE LECTURA CURSO 2021-22

O 2 de novembro  foi a primeira reunión do Club de lectura do curso 2021-22 co alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e decidimos ler o libro de Patrick Ness: "Un monstruo viene a verme".

O 9 de novembro comezamos coa lectura.  Nestes días puxeron na televisión a película baseada no libro pero iso aínda nos motivou  máis.

MEDOMEDÁ: alumnado contacontos

O mércores 3 de novembro, pola volta de Samaín e Santos, alumnado de 2ºESO do IES foi contarlle historias de medo (e de chiste e amizade) ás cativas e cativos CEIP Humberto Juanes.

VOLTAMOS A FESTEXAR O SAMAÍN

Agradecemento a aqueles que colaborastes na montaxe da decoración para crear este ambiente de Samaín.

Federico Fernández, un Premio Nacional de Ilustración, no IES Val Miñor.

Hoxe, 22 de outubro de 2021, visitounos Federico Fernández que entre outros galardóns, recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001 por "¿Dónde perdió Luna la risa?.  A súa charla estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato matriculado en Debuxo Artístico. Dámoslle as grazas á Universidade de Vigo pola súa colaboración para que esta visita se puidera realizar e a Federico polo seu bo facer, a súa  humildade e a súa profesionalidade.

Federico Fernández, un premio Nacional de Ilustración no IES Val Miñor.

Hoxe, 22 de outubro de 2021, visitounos Federico Fernández que entre outros galardóns, recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 2001 por "¿Dónde perdió Luna la risa?.  A súa charla estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato matriculado en Debuxo Artístico. Dámoslle as grazas á Universidade de Vigo pola súa colaboración para que esta visita se puidera realizar e a Federico polo seu bo facer, a súa  humildade e a súa profesionalidade.

 

REGUEIFANDO NO IES VAL MIÑOR

O venres 15 tivemos a sorte inmensa de contar con Luís o Caruncho, un dos maiores e mellores regueifeiros do reino, para nos impartir un obradoiro destas improvisación orais a xeito de desafío, mostras ancestrais da cultura popular de noso que se están a recuperar.

Ao obradoiro de regueifas, patrocinado pola Deputación de Pontevedra e organizado pola asociación ORAL de Galicia, acudiu todo o alumnado de 3ºESO. O vindeiro 5 de novembro, o alumnado que fixera as coplas máis xeitosas, terá a oportunidade de participar dun segundo obradoiro máis práctico para adestrarse de cara ao certame provincial de regueifas. 

Distribuir contido