Orientación
EDUCACIÓN VIAL PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO- curso 2017-18
Un novo curso realizamos a formación en educación vial. Grazas a policía local de Nigrán.
CHARLAS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DA ESO
José Ramón González e Fe Framil impartiron de xeito desinteresado unhas charlas de educación afectivo-sexual aos alumnos e alumnas de 3º da ESO. Grazas pola súa colaboración.
A GARDA CIVIL FALALLE AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º E 2º DA ESO DOS RISCOS ASOCIADOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS
María e Fontela, gardas civís do posto de Baiona-Nigrán faláronlles ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais.
QUÉROTE + IMPARTE UNHA INTERESANTE CHARLA SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
Sonia Morán do centro Quérote + de Vigo informoulles ao alumnado de 4º da ESO de todo o que estes centros informan, forman, das probas que realizan... en definitiva de todo o que poden consultar en relación á sexualidade e afectividade, uso das tic, convivencia, imaxe corporal e autoestima, drogas...
Presentación do Centro Superior de HOSTALERÍA DE GALICIA
Tivemos a visita do profesor de Markéting do Centro Superior de Hostalería de Galicia. Centro que ofrece unha formación encamiñada ao sector turístico: Dirección Hoteleira e Dirección de Cociña.
ACCESO AO PROGRAMA ORIENTA CURSO 2019/20
CLICKEAR NESTE ENLACE E TERÁS UNHA CHEA DE DATOS SOBRE TODOS OS ESTUDOS QUE PODES REALIZAR EN ESPAÑA. É MOI CONVENIENTE QUE FAGAS O CUESTIONARIO.
VISITAMOS UNITOUR- Salón de Orientación Universitaria.
O alumnado de 1º de bacharelato e de 4º de ESO visitou o salón de orientación universitaria celebrado en Vigo o 13 de decembro.
ACTIVIDADE DE COHESIÓN DENTRO DO PROGRAMA TEI ( TITORÍA ENTRE IGUAIS)
Hoxe, 19 de decembro, a piques de coller as vacacións de Nadal os alumnos e alumnas de de 1º e 3º da ESO (titorandos e titores) realizaron varias actividades cooperativas dentro do PROGRAMA TEI. Grazas ao todos: profesorado e alumnado pola vosa colaboración.
DA MAN DO PROFESOR D. EMILIO GARCÍA COÑECEMOS O GRAO DE COMERCIO DA ESCOLA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS DE VIGO
O profesor D. Emilio García da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo presentoulles ao alumnado de 1º de bacharelato matriculado na materia de Economía o grao de COMERCIO que imparten nesta prestixiosa escola.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »