Saltar navegación.
Inicio

Curso 2021-22

Cultura culinaria: Publicada a receita do Roscón de Camos!

O Concello de Nigrán vén de publicar unha guía que se estrea en Fitur na que se publica a a receita do prestixioso doce de KopenaCamos:

  • 1200 gr de fariña
  • 1 Kg de azucre
  • 6 ovos
  • 200 ml de anís
  • 1 kg de manteca
  • Lévedo
  • Froitos confitados

Alfonso Valverde revelou a receita:

Mesturamos a auga coa metade da fariña e o lévedo. Logo engadimos o azucre, os ovos, o anís e  o resto da fariña, amasamos e finalmente poremos a manteca e voltaremos a traballar a masa.

WORDLE TAMÉN EN GALEGO!

O xogo viral dispón dunha versión en galego grazas ó programador ourensán Abraham Martínez.

Iste é un paso importante na presenza do galego na cultura dixital! Parabens pola iniciativa!

ESCOLA SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA

O xoves 13 de xaneiro o alumnado de 1 Bach recibiu a visita de Óscar Alfeirán para informar do programa de estudos  da Escola Superior de Hostalería de Galicia, así coma das súas saídas profesionais . Moitas grazas Óscar.

Estrea do single "Terra" de Tanxugueiras

Dende hoxe, 21 de decembro, podemos desfrutar do vídeo do single Terra, forza chicas!

A por Eurovisión!

AGASALLO PARA OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA.

Cun sinxelo agasallo quixemos darlle as grazas aos voluntarios e voluntarias da biblioteca polo seu bo facer neste primeiro trimestre. Seguimos!!!.

ALEJANDRO FERNÁNDEZ DE 2º de BACH. FOI O GAÑADOR DO CONCURSO "O LIBRO QUE LIN NO VERÁN".

Alejandro Fernández de 2º de Bacharelato foi o gañador da primeira edición do concurso:  "o libro que lin no verán". Grazas a todos e todas pola vosa participación. Parabéns Alejandro.

3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE. COLABORACIÓN CO CENTRO JUAN MARÍA

O día da discapacidade é un día de TODOS  e de TODAS  nesta sociedade xa que a diversidade nos enriquece. Por iso estamos pola diversidade e así o amosou toda a comunidade educativa do Val Miñor.

Distribuir contido