Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

REGUEIFANDO NO IES VAL MIÑOR

O venres 15 tivemos a sorte inmensa de contar con Luís o Caruncho, un dos maiores e mellores regueifeiros do reino, para nos impartir un obradoiro destas improvisación orais a xeito de desafío, mostras ancestrais da cultura popular de noso que se están a recuperar.

Ao obradoiro de regueifas, patrocinado pola Deputación de Pontevedra e organizado pola asociación ORAL de Galicia, acudiu todo o alumnado de 3ºESO. O vindeiro 5 de novembro, o alumnado que fixera as coplas máis xeitosas, terá a oportunidade de participar dun segundo obradoiro máis práctico para adestrarse de cara ao certame provincial de regueifas. 

Cerámica castrexa entregada ós nosos alumnos!

Fomos antes de rematar o curso a recoller na Fundación Terra Termarum a nosa cerámica. Os rapaces puideron levar as súas pezas antes de rematar o curso!

Poemas de Xela musicados

Durante a Semana das Letras a nosa lista de reprodución sonou pola megafonía do centro. Como van saíndo novas obras seguimos a actualizar a nosa lista de reprodución XELA NA MÚSICA . 

https://youtube.com/playlist?list=PL2hshGU8DtNwFPffPPiBbY--wDPm71Jkd

Aquí tedes os autores que temos!

Xela Arias: quedas en nós

O 20 e 21 de maio, no ronsel da celebración das Letras, rendemos cumprida homenaxe a Xela Arias no Ies Val Miñor.

Fixémolo da mellor das maneiras en que podemos lembrar a poeta: os seus versos voaron ceibes desde os andeis da nosa Biblioteca nas voces da rapazada da ESO, para se escoitaren tan vivos, rebeldes e rompedores como os ideara Xela. Recitaron unha escolma dos seus catro libros e así, como o gran milagre do mundo que a poesía é, Xela Arias estivo e quedou en NÓS.

Velaquí vos deixamos unhas imaxes do recital:

8M - LEONOR DE AQUITANIA: UNHA MULLER EMPODERADA NO MEDIEVO.

 

FAI CLICK ENRIBA E VERÁS O VÍDEO DE PRESENTACIÓN!!
Ilustración da alumna Lucía Pousa

A nosa compañeira María García Caballero elaborou este traballo durante o primeiro confinamento. Nel destaca a figura desta raíña independente, amante das artes, feminista, estratega... no século XII.

Distribuir contido