Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

PROGRAMACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2020-21

Nos arquivos adxuntos están a programación completa de Educación Física, un extracto-resumo da mesma e unha addenda á programación de adaptación á pandemia.

CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA NO PAVILLÓN " XURXO OTERO" DE NIGRÁN.

Froito dun acordo entre o Instituto, a Xefatura Territorial de Educación e o Concello de Nigrán a maior parte do alumnado do IES Val Miñor realizará as súas clases de Educación Física no Pavillón municipal Xurxo Otero de Nigrán.

Desde o centro queremos agradecer o esforzo realizado e o exemplo que supón a implicación de todas as administracións na xestión dun momento tan complexo coma este. Dadas as carencias, en canto a instalacións deportivas, do noso centro, que o alumnado poida desfrutar dun espazo digno para a práctica deportiva é un avance moi relevante nun ano tan difícil.

A partir do próximo martes 13 un autobús transportará ao alumnado para realizar estes traxectos ao pavillón nos períodos lectivos que corresponden á área de educación física.

PROGRAMACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2019-20

Nos documentos adxuntos inclúense as modificacións á programación, atendendo aos requerimentos das Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

No documento adxunto atoparedes a programación da área de Educación Física para o curso 2019-20

CADEA DE RETOS PARA TODO O ALUMNADO DO INSTITUTO E AQUEL PROFESORADO QUE SE ANIME

Se clicas na imaxe poderás ver as explicacións desta proposta. A CADEA DE RETOS. 

O alumnado de 1º a 3º da ESO incluido, enviarán as súas propostas ao correo mlfouce@edu.xunta.gal, e o alumnado de 4º da ESO a 2º de Bacharelato que queira participar poderá facelo enviando as súas propostas ao correo educacionfisicavalminor@gmail.com. O profesorado poderá enviar o vídeo a calquera das dúas contas de correo. Iremos amosando os mellores retos.

COMBAS 2020. E VALORACIÓNS DA 2ª AVALIACIÓN.

(Se clicas na imaxe poderás volver a ver o vídeo)

Bo día querido alumnado, botándovos de menos. Quería informarvos nestes momentos de incertidumes máis que de certezas, que as notas non son o máis importante, pero para que saibades sobre qué contidos foi tomada a decisión das vosas notas da 2ª avaliación, o Ministerio nos informa de que esta rematou o 13 de marzo. Polo que :

En 4º de ESO seredes valorados sobre o traballo desenvolvido nas clases para acadar os resultados das coreografías grupais de combas e o resultado final das mesmas. Na terceira avaliación xa se vos informará dos contidos e obxectivos mínimos da mesma.

PLAN DE TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO E 1º DE BACHARELATO

Aprezado alumnado é un momento difícil o que nos toca vivir. Desde o departamento de educación física transmitimosvos forza e ánimo. Como xa saberedes van ser bastantes días de confinamento e é por iso que se vos plantexa un plan de traballo para non quedarse quietos. Poderíades ir elaborando o deseño do traballo que sabíades que se ía a facer no terceiro trimestre "21 días para..." A idea é pensar e deseñar un reto motriz, que vos supoña esforzo. Para o que teredes que adestrar cando menos 21 días. Non teñen que ser seguidos. Teñen que ser 21 días de práctica para acadar o voso reto. Xa que estamos confinados poderíades plantexar de qué formas podemos manternos activos físicamente co que temos ao alcance das nosas mans. Estando na casa.

LEMBRANZAS DA VIAXE A LEITARIEGOS CO ALUMNADO DE 2ºESO. DO LUNS 27 DE XANEIRO AO MÉRCORES 29.

Bonitos recordos e aprendizaxes, nestes tres días tan aproveitados. Días intensos para o alumnado de 2º da ESO. Se clicas na imaxe verás un vídeo con momentos inesquecibles, e AQUÍ  o album de fotos .

Distribuir contido