Curso 2023-24
Observación de aves na Foz do Miñor
O pasado 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humedais, unha data na que se lembra a importancia destes ecosistemas non só polo que contribúen ó mantemento da biodiversidade senon pola cantidade de servizos ecosistémicos que ofrece. Por este motivo, o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha xornada de observación de aves para o alumnado de 1 ESO na Foz do Río Miñor, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000.
Durante a mañá do 21 de febreiro o alumnado puido observar a biodiversidade da avifauna deste espazo natural e ó mesmo tempo coñecer algúns aspectos que resaltan a importancia deste esteiro e daqueles outros que comprometen a súa conservación e protección.
A ESCRITORA MARTA CURRÁS FALA DO SEU OFICIO DE ESCRITORA CO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA.
A escritora Marta Currás, finalista en diversos concursos de microrrelatos e contos e, de novelas tan entretidas como Templados por el sol, mecidos por el viento (Círculo de lectores, 2018), inspirada nunha das súas viaxes pola costa leste estadounidense e La memoria de las olas (Editorial Juventud,2019. Premio Nostromo) unha novela de aventuras e misterio na que diferentes tramas e personaxes conflúen no inverno de 1924 na cidade de Vigo visitou este venres 2 de febreiro a nosa biblioteca e falou do seu oficio de escritora co alumnado do club de lectura.
Resultados do Concurso Odisea 2024
Volvérono facer! Os nosos dous equipos volveron superar cum laude a Odisea deste ano (sorteando os perigos de ciclopes antropófagos ou sereas que enfeitizaban os navegantes con delicias gastronómicas), e unha vez máis temos un equipo no podium da clasificación galega.
Gratulamur vobis opus, insignes discipuli discipulaeque!
Gañadores e gañadoras dos concursos de Nadal 2023
Parabéns a Lucía Doval Leiro, de 1º ESO C, autora da tarxeta de felicitación gañadora, e aos grupos de 1º ESO C e 2º ESO A, que obtiveron ex aequo o premio no concurso de decoración de portas das aulas.
Concurso Odisea 2024
Un ano máis, o IES Val Miñor participa no Concurso Odisea de Cultura Clásica, que nesta edición ten como fío condutor a alimentación en Grecia e Roma. O curso pasado os equipos participantes deixaron o listón moi alto. Serán quen os nosos equipos deste ano de volver meterse arriba de todo na clasificación?
PROGRAMA EDUREFERENTES NO IES VAL MIÑOR PARA O ALUMNADO DE 2ºC-ESO
Hoxe, 9 de xaneiro de 2024 demos comezo ao programa Edureferentes no grupo de 2ºC-ESO.Este proxecto ten como finalidade achegar ao alumnado información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento »
BO NADAL
CLICA para mergullarte no ambiente navideño que respirou o centro. A decoración, a música, o talento, a creatividade, as panxoliñas, fixeron que o clima se convertera nun enxame de elfos, Papa Noeis e sorrisos navideños, poñendo un gran broche final ao 2023 no instituto e así coller folgos renovados para revisitarnos no 2024. Bo Nadal.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »