Curso 2021-22
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.
Exposición sobre mulleres cientificas no IES Val Miñor cedida polo CIM ( Centro Municipal de Información á Muller). Permanecerá no centro desde o venres 11 de febreiro.
Clasificación final do Concurso Odisea
Despois dunha intensa semana e media durante a cal os nosos alumnos e alumnas participantes no concurso se tiveron que enfrontar a preguntas nalgúns casos realmente complicadas, probas contrarreloxo e un desempate autonómico, os dous equipos demostraron que son máis veloces que Aquiles de pés lixeiros e foron quen de contestar correctamente case todas as preguntas en tempo récord, situándose entre o top vinte dun total de 197 equipos.
Parabéns, ὦ ἥρωες!
CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE TRASTORNOS ALIMENTARIOS. ITCA
Dúas psicólogas especialistas no tratamento dos trastornos da conduta alimentaria estiveron impartindo unha charla ao alumnado de 3º ESO. Falouse de anorexia, de bulimia, entre outros asuntos, e das graves consecuencias que estes trastornos poden ter para a saúde física e psicolóxica de quen o padece e para as súas familias.
VISITA DO COLEXIO DE FARMACÉUTICOS CO PROXECTO "CONÓCEME"
Dous membros da Sociedade Española de Farmacia Familiar e comunitaria (SEFAC) estiveron no instituto impartindo unha charla, dirixida ao alumnado de 4ºESO, en relación co proxecto "Conóceme" Os obxectivos deste proxecto son inculcar bos hábitos no auto coidado desde a adolescencia, conseguir un uso racional do medicamento a medio e longo prazo e promover a figura do farmacéutico comunitario como experto en medicamentos. O alumnado realizou uns cuestionarios para coñecer o seu grao de información sobre os medicamentos e trouxo da casa un envase baleiro co prospecto dun medicamento co que fose tratado nalgunha ocasión para analizalo como práctica de aprendizaxe.
O CLUB DE LECTURA RECIBIU A VISITA DE MARÍA RODRÍGUEZ ESCRITORA E PSICÓLOGA .
Para escoitar a entrevista CLICA AQUÍ
O venres 4 de febreiro o Club de lectura do alumnado de 2º e 4º de ESO recibiu á escritora e psicóloga María Rodríguez, nacida en Vigo cando Neil Amstrong pisou a Lúa, como a ela lle gusta dicir. Durante case dúas horas,
RADIOTECA VAL MIÑOR: comezamos a gravar!
O pasado 4 de febreiro comezamos as gravacións de RADIOTECA VAL MIÑOR, a radio escolar que puxemos a andar no IES.
Foi o alumnado de 3ºPMAR quen creou este programa iniciando unha xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de ocio en Nigrán no século XX, coa angueira de salvagardar a memoria colectiva deses lugares que na súa inmensa maioría xa non existen. Este traballo de investigación fai parte do Proxecto Didáctico Antón Fraguas, dentro do programa PROXECTA+ da Consellería de Educación.
Concurso Odisea 2022
Esta semana, dous equipos formados por alumnado de 2º BACH A están a participar na edición de 2022 do Concurso de Cultura Clásica Odisea, organizado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos. Ao longo da semana, terán que se enfrontar a unha serie de preguntas relacionadas con mitoloxía, historia ou literatura do mundo grecorromano que este ano teñen como tema común a arte.
Moita sorte, Mirmidóns e Pantocrator!
Tres alumnos do IES Val Miñor foron seleccionados como finalistas na 4 edición do “Premio Stephen Hawking” promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Tres proxectos de investigación realizados por tres alumnos do IES Val Miñor foron seleccionados como finalistas na 4 edición do “Premio Stephen Hawking” promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Raquel X. Iglesias co proxecto titulado “Análise da concentración de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs) en mexillón da costa do Val Miñor”
CATRO MURALISTAS GALEGOS FINALISTAS NO MELLOR MUNDIAL DO 2021
Os nosos muralistas están a participar coas súas propostas no certane Street Art Cities, vota no seguinte enlace para escoller o mellor:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfYEDuRxZUgQHAacmQzRZfXScJUx1X49pKRp4Mwfv2RPmEQ4g/viewform
UD TANXUGUEIRAS
Cándido Paniagua Pousa, escritor e profesor no IES Elviña, foi noticia esta fin de semana pola difusión da súa unidade didáctica sobre o tema Terra.
Un xeito innovador de traballar contidos e normalizar o uso da nosa lingua!
https://aulasgalegas.org/2022/01/18/venen-para-quedar/
Tamén noraboa ó grupo polo éxito de vendas no inicio da súa xira!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »