Contrato Programa
XORNADA DE RUGBY EN PRAIA AMÉRICA EN COLABORACIÓN CO VIGO RUGBY CLUB. DÍA REDONDO E OVALADO.
Agradecemos ao Vigo rugby club que se achegara a Praia América para impartir unha sesión de promoción do rugby, que foi posible grazas á xenerosidade de Óscar, Diego e Joaquín. O alumnado desfrutou dun día frío aínda que soleado, poñendo en práctica o aprendido nas clases de Educación Física, nun espazo inigualable, onde a diversión e o movemento foron os protagonistas.
XA TEMOS GAÑADORES DO TORNEO DE FÚTBOL. OS CAMPIÓNS "TIKI-TAKA"
Tras unha longa tempada de choivas que non permitía dar continuidade ao torneo de fútbol, por fin puideron xogarse tódolos partidos que faltaban, coa chegada do sol. Os campións, contentos, recolleron os seus agasallos, pero como podedes observar nas fotos, o que máis lles gusta é o vale dos bocatas ,que Chiqui na cafetería lles prepara con cariño. Continuarase ofrecendo actividade física no patio. En breve organizaranse novos torneos. Esperámosovos na pista.
CAMPIÓN DO TORNEO DE TENIS DE MESA CURSO 2022-23. ANXO FERREIRA .
Un ano máis Anxo Ferreira de 1º Bach, revalida o seu título de campión do torneo de tenis de mesa, que tivo lugar no primeiro trimestre do curso. Parabéns Anxo.
MAGOSTO 2022
Nesta xornada soleada de San Martiño, os trompos voltaron ao camiño. E non soamente os trompos, tamén a chave, a rá, os zancos, os sacos, as tabas, os bolos celtas ... As ganas de pasalo ben, desfrutar e compartir fixeron que esta xornada fose un gran día de convivencia. Se queres ver máis de cerca o que aquí aconteceu CLICA
AI THAN HUMAN
Alumnado do departamento de Tecnoloxía experimentaron coa Intelixencia Artificial na exposición AI THAN HUMAN na Coruña.
Unha exposición sen precedentes a nivel internacional para coñecer os avances creativos e científicos da Intelixencia Artificial. Esta actividade forma parte do contrato programa inclúe na liña de traballo IGUÁLA-T
Clica na seguinte ligazón para ver as imaxes: Imaxes
Clica na seguinte ligazón para ver máis imaxes: Imaxes
INICIO DA ACTIVACIÓN DO PATIO A TRAVÉS DO PROGRAMA RE-CREO O RECREO.
Deron comezo os torneos do recreo e o empréstito do material, para incrementar o nivel de actividade física do alumnado. Comezouse cos torneos de fútbol e tenis de mesa.
MEMORIA CONTRATO PROGRAMA 2021-22
Enviado por secretaria2 o Mar, 05/07/2022 - 10:14CP CONVIVE-T: ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE ESO.
Aquí recollemos os resultados de satisfacción do alumnado de 1º de ESO durante o seu primeiro ano no noso instituto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »