Curso 2023-24
A ESCRITORA SONIA MIRÓN VISITA O IES VAL MIÑOR
O mércores 3 de abril o alumnado de 1º de ESO tivo a oportunidade de coñecer á escritora viguesa Sonia Mirón, autora de títulos como Si tú quieres, No son mariposas, son elefantes, Mi corazón en una caja de zapatos ou Un sol dentro de mí.
Sonia falounos da súa infancia, na que gozaba sempre da compañía dun libro, da súa adolescencia, na que comezou a escribir o seu primeiro diario, e tamén do seu presente, no que combina as dúas paixóns da súa vida: a escritura e a docencia.
SEMANA DE INTERCAMBIO CON SAINT BRIEUC
Para ver esta semana en imaxes CLICA AQUÍ
ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO VISITAN OS CIFP MANUEL ANTONIO E VALENTÍN PAZ ANDRADE
Alumnado de 4º de ESO e o alumnado matriculado en Bioloxía e Anatomía de 1º de Bacharelato visitaron hoxe, 4 de abril, os centros integrados de formación profesional Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade de Vigo. Coñecendo, de primeira man, a oferta dos ciclos formativos destes centros.
CHARLA DE OSCAR MARTÍNEZ sobre o DOBRE GRAO DE BIOLOXÍA-QUÍMICA PARA 1º DE BACHARELATO.
O 22 de marzo, Oscar Martínez, graduado no dobre grao de Bioloxía e Química pola USC, impartiu unha charla ao alumnado matriculado en Bioloxía en 1º de Bacharelato. Coa súa cercanía e os seus grandes coñecementos facilitou os rapaces e rapazas moita información sobre este dobre grao e sobre a vida universitaria. Moitas grazas Oscar e grazas tamén a Nerea por facilitarnos o contacto.
CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.
O 20 de marzo, a especialista en Nutrición do Centro de Saúde da Xunqueira Marta Losada, impartiu unha conferencia ao alumnado de 3º de ESO sobre alimentación saudable. Na mesma sairon temas tan interesantes como: mitos sobre os alimentos, alimentación e deporte, influenza das redes sociais.... Moitas grazas a Marta por colaborar co noso centro educativo.
CHARLAS DA GARDA CIVIL NO IES dentro do Plan Director.
Durante os meses de febreiro e marzo a Garda Civil impartiu varias charlas ao noso alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre diferentes temáticas: acoso e ciberacoso escolar, delitos de odio, protección da natureza, consumo de alcol e drogas, uso das novas tecnoloxías...
Moitas grazas a Verónica, a persoa encargada de impartilas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »