Curso 2014-15
Charla sobre prevención da violencia de xénero para o alumnado de 2º da ESO.
O alumnado de 2º da ESO recibe en febreiro información sobre a prevención da violencia de xénero. Conceptos como sexting, grooming, bullying... son de novo tratados. Esta charla faise en colaboración co CIM de Nigrán e coa asociación "Pantallas amigas".
PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE DA GARDA CIVIL- ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 1º-2º E 3º DA ESO
A Garda Civil do posto de Baiona-Nigrán dentro do Plan director de convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna realiza varias charlas aos alumnos e alumnas de 1º,2º e 3º de ESO sobre aspectos como o uso das novas tecnoloxías e perigos das drogas e alcol.
Charla sobre o uso das novas tecnoloxías. Destinatarios: familias- 20 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de Actos.
O próximo martes 20 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de Actos do Instituto, persoal da Garda Civil dará unha charla sobre o USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.
A charla está dirixida a todos os pais, nais e titores legais dos alumnos e alumnas do IES VAL MIÑOR.
Polo enorme interese da temática pregamosvos a vosa asistencia.
Festival de Nadal
Rematou o primeiro trimestre con un Festival de bos desexos para o novo 2015.
O video elixido como a tarxeta de Felicitación de Nadal do IES Val Miñor, foi o realizado polos alumnos/as de 4º de ESO A, a decisión non foi doada xa que moitos grupos presentaron un video a este concurso. Noraboa ao elixidos e a todoslos alumnos e alumnas participantes.
Aquí a Resolución do Xurado.
CURSO DE TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL para os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato
O alumnado de 1º de Bacharelato recibe un curso de técnicas de traballo intelectual. O curso está subvencionado polo asociación de nais e pais do instituto.
EXCURSIÓN AOS XACEMENTOS DE ATAPUERCA E MUSEO DA EVOLUCIÓN EN BURGOS
Os días 3, 4 e 5 de decembro de 2014, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou por segundo ano a visita aos xacementos aqueolóxicos de Atapuerca e ao Museo da Evolución Humana en Burgos. Nesta ocasión participaron 16 alumnos e alumnas de bacharelato.
O primeiro día, visitamos a cidade de Burgos e coñecimos os seus principais monumentos e a súa historia mediate un divertido xogo de pistas.
NO MAGOSTO DO INSTITUTO, O PATIO ENCHEUSE DE XOGOS POPULARES.
O pasado venres 14 de novembro, celebrouse o magosto no instituto, enchéndose o patio de castañas e xogos populares. Xogamos ás buxainas, ás tabas, aos tres pés, á pelexa de galos, ás carreiras de sacos, aos zancos, á chave, á rá, á soga-tira... A participación do alumnado e do profesorado foi alta, facendo que resultase unha xornada moi lúdica e onde recuperamos o valor etnográfico e cultural, dunha festa, tan propia coma o magosto.
Curiosidades:
CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA 2014-2015 NO IES VAL MIÑOR
SENANA DA CIENCIA NOVEMBRO 2014-2015
Como todos os anos, a primeira semana de Novembro, no IES Val Miñor celebramos a semana da Ciencia cunha serie de actividades realizadas polos alumnos de Ciencias Naturais da ESO.
Cabazas do Samaín do 2014
SAMAÍN 2014
Dos días 27 ao 30 de outubro, os alumnos de ESO e Bacharelato, contribuíron coas súas cabazas talladas, á exposición que permaneceu durante toda a semana. A participación foi numerosa e os traballos presentados superaron a calidade doutros anos.
TRABALLANDO A NOSA CONDICIÓN FÍSICA NAS INSTALACIÓNS DA PISCINA DA RAMALLOSA
O 27 de outubro, o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañados polas profesoras Liliana e Adela, realizamos unha xornada de actividade física nas instalacións da Ramallosa, para mellorar a nosa condición física. Grazas ä colaboración do equipo técnico da piscina puidemos realizar actividades coma o spinning, pilates, spartan games.
A participación do alumnado foi todo un éxito, dérono todo 65 alumnas e alumnnas e a meteoroloxía acompañounos cun gran día soleado. Non se podía pedir máis.