Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

" UN MAR DE LIXO" EXPOSICIÓN REALIZADA NO AUDITORIO DO CONCELLO DE NIGRÁN

Se queres ver o resultado dunha labor de moitos meses de traballo, CLICA AQUÍ

Para ver todo o traballo previo de investigación, CLICA AQUÍ

INAUGURACIÓN DO CAMPO DE BOLOS CELTAS

Na semana das letras galegas, inauguramos o campo de bolos celtas no instituto, grazas a colaboración de distintas institucións e persoas. O concello, a federación galega de bolo tradicional, clubes como o clube de bolos do Ceán, Roberto xogador e pai de dúas alumnas do centro, o instituto e moitos máis que fixeron este momento posible.

Se queres ver máis fotos dese día CLICA AQUÍ

Publicouse a noticia en prensa. Se queres podes lela. AQUÍ

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CENTROS ADCRITOS

O catorce de abril recibimos ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP Humberto Juanes e CEIP da Cruz-Camos. Nesta xornada aparte de visitar as instalacións e de participar en varias actividades nos laboratorios, na biblioteca, no ximnasio... realizamos distintos xogos cooperativos que queremos repetir no mes de setembro.

Programa re-creo o recreo

O obxectivo deste programa é fomentar o nivel de actividade física no tempo de recreo, e crear un espazo social de convivencia positiva.

Algunhas das actividades que se levaron e levan a cabo son as seguintes:

Organización de responsables de patio, que permitan un sistema de empréstito de material nos recreos e que axuden a organizar os distintos torneos.

Fixéronse torneos de baloncesto, tenis de mesa, fútbol...

Entregáronse premios

Foto dos gañadores

Campaña de son

O alumnado fixo unha campaña de son, investigando e compartindo o aprendido, cos demáis, a través de cartaces, onde volcaron información moi importante, respecto ao número de decibelios aos que estamos sometidos, en distintos espazos e momentos, da vida no instituto.

O Horto está empezando a brotar coa primaveira, despois do esforzo realizado. Recóllese o que se sementa

Reforzouse a estrutura do teito do invernadeiro. E durante todo o curso estiveron realizándose actividades de preparación da terra, sementar, aboar, aprender sobre rotación nos cultivos, ... para obter neste fin de curso os resultados.

O profesorado tamén está en continua aprendizaxe. Fomos ao curso "2016 O RETO DO ACOSO ESCOLAR"

Tres compoñentes do grupo que participa no proxecto de convivencia iniciado este ano, dentro do contrato programa, asistimos ao curso "2016 o reto do acoso escolar" organizado pola Fundación Barrié e a asociación Arela.

O profesorado tamén está en formación permanente, ante os novos retos que se nos presentan.

O campo de Bolos celtas do IES VAL MIÑOR moi preto de ser unha realidade

Grazas á colaboración do concello, e a Isidro o presidente da federación de Bolos Celtas, estamos moi próximos a poder facer realidade este proxecto, incardinado no contrato programa, aprobado pola Xunta de Galicia.

Celebración do día internacional do Síndrome de Asperger no IES VAL MIÑOR

    O alumno de 1º de bacharelato, Iago Aballe presentounos o documental titulado: Asperger: unha síndrome descoñecida. Con él pretendía informarnos e achegarnos as realidades e as vivencias de todos os que padecen esta síndrome e as estratexias que podemos realizar para facerlle unha vida máis agradable.

AGRICULTURA ECOLÓXICA NO IES VAL MIÑOR

Ricardo e Begoña, propietarios da empresa familiar Horta do Val, adicada ao cultivo e  elaboración de produtos respectuosos co medio ambiente visitáronnos para darnos unha serie de ideas e  suxestións sobre  como coidar o noso horto escolar.

Distribuir contido