Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

TEATRO NO IES

Os mércores de 16:30 a 18:15 o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, e os xoves de 18:00 a 20:30 os maiores, fixéronse ensaios de teatro, da man do profesor Andrés Rodríguez Díaz. As obras que se prepararon foron "Soño dunha noite de verán" de Willian Shakespeare e "Jansel e Ponsel". A continuación amosamos algunhas imaxes, do traballo realizado.

Moitas horas de ensaio, memorización de papeis, preparación da tramoia, expresión corporal, ...

PARTICIPACIÓN CONXUNTA DE ALUMNADO E PROFESORADO NO ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO

No acto de graduación de 2º de Bacharelato, realizouse unha actuación musical, que xorde da colaboración entre o alumnado e o profesorado.

O alumnado amosou cualidades musicais excepcionais, coma o dominio do violín, o teclado, o saxofón, a guitarra e o canto. O profesorado tampouco se quedou atrás e afinou a súa guitarra e voz, para acompañar nas cancións que se elixiron coidadosamente e con moita mensaxe, para a despedida. Unha despedida agarimosa.

Foron moitas horas de ensaio e o resultado, pagou a pena.

" UN MAR DE LIXO" EXPOSICIÓN REALIZADA NO AUDITORIO DO CONCELLO DE NIGRÁN

Se queres ver o resultado dunha labor de moitos meses de traballo, CLICA AQUÍ

Para ver todo o traballo previo de investigación, CLICA AQUÍ

INAUGURACIÓN DO CAMPO DE BOLOS CELTAS

Na semana das letras galegas, inauguramos o campo de bolos celtas no instituto, grazas a colaboración de distintas institucións e persoas. O concello, a federación galega de bolo tradicional, clubes como o clube de bolos do Ceán, Roberto xogador e pai de dúas alumnas do centro, o instituto e moitos máis que fixeron este momento posible.

Se queres ver máis fotos dese día CLICA AQUÍ

Publicouse a noticia en prensa. Se queres podes lela. AQUÍ

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CENTROS ADCRITOS

O catorce de abril recibimos ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP Humberto Juanes e CEIP da Cruz-Camos. Nesta xornada aparte de visitar as instalacións e de participar en varias actividades nos laboratorios, na biblioteca, no ximnasio... realizamos distintos xogos cooperativos que queremos repetir no mes de setembro.

Programa re-creo o recreo

O obxectivo deste programa é fomentar o nivel de actividade física no tempo de recreo, e crear un espazo social de convivencia positiva.

Algunhas das actividades que se levaron e levan a cabo son as seguintes:

Organización de responsables de patio, que permitan un sistema de empréstito de material nos recreos e que axuden a organizar os distintos torneos.

Fixéronse torneos de baloncesto, tenis de mesa, fútbol...

Entregáronse premios

Foto dos gañadores

Campaña de son

O alumnado fixo unha campaña de son, investigando e compartindo o aprendido, cos demáis, a través de cartaces, onde volcaron información moi importante, respecto ao número de decibelios aos que estamos sometidos, en distintos espazos e momentos, da vida no instituto.

O Horto está empezando a brotar coa primaveira, despois do esforzo realizado. Recóllese o que se sementa

Reforzouse a estrutura do teito do invernadeiro. E durante todo o curso estiveron realizándose actividades de preparación da terra, sementar, aboar, aprender sobre rotación nos cultivos, ... para obter neste fin de curso os resultados.

O profesorado tamén está en continua aprendizaxe. Fomos ao curso "2016 O RETO DO ACOSO ESCOLAR"

Tres compoñentes do grupo que participa no proxecto de convivencia iniciado este ano, dentro do contrato programa, asistimos ao curso "2016 o reto do acoso escolar" organizado pola Fundación Barrié e a asociación Arela.

O profesorado tamén está en formación permanente, ante os novos retos que se nos presentan.

O campo de Bolos celtas do IES VAL MIÑOR moi preto de ser unha realidade

Grazas á colaboración do concello, e a Isidro o presidente da federación de Bolos Celtas, estamos moi próximos a poder facer realidade este proxecto, incardinado no contrato programa, aprobado pola Xunta de Galicia.

Distribuir contido