Saltar navegación.
Inicio

Curso 2021-22

Lecer en Nigrán: entrevista con Juan Fernández

A Radioteca Val miñor continúa coa súa xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de lecer do noso concello, e ensta ocasión tivemos a sorte de contar con Juan Fernández, un veciño cunha memoria e saber da historia local que nos deixou abraiados. Grazas a el sabemos de máis locais e de concertos e visitas ilustres ao longo do século XX. Un PODCAST para non perder, malia que tivemos algún problema técnico. Graciñas Juan!

A ESCRITORA ELBA PEDROSA CELEBRA CON NÓS O DÍA DO LIBRO.

A escritora Elba Pedrosa celebrou con nós o día do libro. Falounos da súa última novela: O que non sabías da editorial Xerais. A ambientación da mesma é o Val Miñor e o tempo é a segunda metade do século XX. Nela están presentes a emigración, as diferenzas de clase, os segredos e as mentiras familiares. 

"Derreteuse no chan como fai un xeado dentro da boca dun neno con quentura..." así comeza o libro.

A asemblea das mulleres

Quen dixo que a literatura da antiga Grecia fose aburrida? Ultimamente estivemos a estudar en Grego II o drama ático e, cando nos tocou centrarnos na comedia de Aristófanes, tivemos a oportunidade de pasar un rato divertido coa lectura da súa obra A asemblea das mulleres, chea do humor chabacano do que tanto gustaban os atenienses da época clásica.

Mesmo houbo dous alumnos, Ángela González Comesaña e Alejandro Fernández Álvarez, que se animaron a gravar un vídeo sobre o argumento desta comedia. Velaquí tedes un fotograma:

CHARLA SOBRE O GRAO DE COMERCIO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Hoxe, 22 de abril, os alumnos de 2º de bacharelato de Ciencias Sociais recibiron unha charla do Grao de Comercio da Uvigo. Son estudos que permiten acceder a un dobre grao internacional con estadías en Francia e Alemaña que teñen unha formación moi práctica de aplicación directa.

Un título polivalente dunha da facultades da Universidade de Vigo mellor valorada polos seus alumnos. Os postos de traballo que poderán desempeñar os titulados abranguen un amplo espectro de diferentes niveis no marco dos organismos e institucións públicas e privadas.

A charla foi organizada polos Departamentos de Orientación e de Economía para promover a inserción laboral do noso alumnado.

Graciñas Emilio!

RESPIRANDO SAÚDE

O mércores 20 de abril viñeron ao instituto Cristina Represas (neumóloga do hospital Álvaro Cunqueiro) e Ana Priegue (enfermeira da área de neumoloxía do mesmo hospital), impartiron unha charla de 40 minutos sobre o aparato respiratorio, enfermidades máis comúns, hábitos saudables,... facendo fincapé nos efectos nocivos do tabaco. O alumnado asistentes a esta charla foi todo 3º ESO (incluido PMAR) e as alumnas de 1º bach que cursan a materia de Anatomía Aplicada.

A continuación levaron a cabo un taller práctico só coas alumnas de 1º bach, ensinaron e explicaron o correcto uso dos diferentes inhaladores, cámaras,... tamén coa axuda dun espirómetro mediron capacidades pulmonares, volúmenes respiratorios, de varias alumnas voluntarias.

VISITA AOS CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE E MANUEL ANTONIO

CLICA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

O departamento de Orientación en colaboración co departamento de Economía organizou unha visita aos CIFP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade para que o alumnado de 4º ESO e 1ºBacharelato coñecera as distintas familias profesionais que alí se imparten.

No Manuel Antonio:

Distribuir contido