Saltar navegación.
Inicio

Curso 2020-21

COMENTANDO o LIBRO DE JORDI SERRA I FABRA "CAMPOS DE FRESAS".

Comentarios sobre o libro de Jordi Fabra i Serra: Campos de fresas.

" É duro pero ten un final feliz" Iago

"A lección máis importante é que hai que seguir adiante e non centrarse no pasado". Aldana

"O personaxe máis responsable e serio é Eloy. É estudoso e desexa ser médico." Sergio, Aldana, Iago

"Semella que o personaxe de Loreto está para engadir". Iago

"Aparecen varios problemas: o consumo de drogas, a apariencia(os trastornos alimenticios".Sergio

"O xornalista só busca gañar diñeiro coas portadas" Sergio

En maio lemos " Campos de fresas".

Comezamos o mes de  maio lendo "Campos de fresas" de Jordi Serra i Fabra.

Cuñados: película de produción galega entre as 10 con máis recadación no que vai de ano!

Da produtora de Portocabo, cun repardo encabezado por Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán, é a mellor estrea no que vai de ano. O seu director Toño López (Mareas Viivas) preséntanos unha historia de humor moi noso cunhas localizacións con raigame na DO Ribeiro. Historia costumista e tradicional chea de situacións cómicas que levan ós protagonistas á argallar un plan desesperado para salvar a bodega familiar.

HOMENAXE A CUNQUEIRO NO AUDITORIO DE NIGRÁN NO DÍA DO LIBRO.

Celebramos o día do libro no Concello

O 23 de abril, co gallo da celebración do día do libro, o alumnado de Literatura Universal do IES Val Miñor participou nun acto organizado polo concello de Nigrán. 

TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA COA ÁREA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL.

Exemplo do ben que combinan as áreas de  educación plástica e audiovisual e de matemáticas. Traballo do alumnado de 1º de ESO.

Batea - Presentación de disco

Nova proposta que fusiona o son da gaita galega co rock: Batea

Un grupo das Rías Baixas con músicos con ampla experiencia no son folk que neste mes de abril presenta novo disco: Tampouco somos os Rolling

Agora fan unha proposta diferente e cun packaging (imaxe do produto) do máis orixinal: memoria USB nunha lata de mexillóns!

Na web podes escoitar algunhas cancións como Cachamuiña On Fire o tema de apertura adiantado o día 28 de marzo coma conmemoración da Reconquista.

AGASALLO PARA OS COMPOÑENTES DO CLUB DE LECTURA.

Polo bo traballo e a responsabilidade que ata estes momentos  están manifestando os compoñentes do club de lectura fixémoslle un agasallo. O deseño é da alumna Sofía Bergés.

PRÓXIMA LECTURA: O PACTO DO LETARGO DE MIGUELANXO PRADO.

Comezaremos o mes de abril lendo: o pacto do letargo de MiguelAnxo Prado.

Distribuir contido