Contrato Programa
CHARLAS DA GARDA CIVIL NO IES dentro do Plan Director.
Durante os meses de febreiro e marzo a Garda Civil impartiu varias charlas ao noso alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre diferentes temáticas: acoso e ciberacoso escolar, delitos de odio, protección da natureza, consumo de alcol e drogas, uso das novas tecnoloxías...
Moitas grazas a Verónica, a persoa encargada de impartilas.
DÍA DE PI // SEMANA DAS MATEMÁTICAS
Hoxe celebramos o Día de Pi (3/14), Día Internacional das Matemáticas, inaugurando A SEMANA das MATEMÁTICAS do IES VAL MIÑOR, que durará ata o vindeiro xoves 21 de marzo.
Cada ano, a Unión Matemática Internacional, quen lidera o proxecto do “Día Internacional das Matemáticas” (idm314.org), propón un tema para fomentar a creatividade ao redor das matemáticas e estimular a participación. O tema para 2024 é: "Xogando coas matemáticas". De acordo co tema seleccionado este ano, durante os dous recreos de cada día e ata o vindeiro xoves, organizaranse na Biblioteca do centro obradoiros e xogos dirixidos polos nosos monitores: estudantes de 1º e 2º de ESO.
SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES VAL MIÑOR. DO 14 AO 21 DE MARZO
Estamos a organizar a Semana das Matemáticas no IES Val Miñor: Tangrams, pentaminós, cubos soma, torres de Hanoi, tres en raia áureo, pontes de Königsberg e outros labirintos, xogo do prisioneiro etc.
Xa queda pouco para xogar con eles nos recreos do 14 ao 21 de marzo.
Confiamos en que vos divirtades xogando e pensando.
FINAL DO TORNEO DE TENIS DE MESA
Queremos manifestar o noso agradecemento á AD Vincios Tenis de mesa, que permitiu realizar un adestramento aos finalistas e gañadores do torneo do recreo.
BO NADAL
CLICA para mergullarte no ambiente navideño que respirou o centro. A decoración, a música, o talento, a creatividade, as panxoliñas, fixeron que o clima se convertera nun enxame de elfos, Papa Noeis e sorrisos navideños, poñendo un gran broche final ao 2023 no instituto e así coller folgos renovados para revisitarnos no 2024. Bo Nadal.
CONCERTO DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO MATRICULADO EN LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL CO ALUMNADO DO CENTRO JUAN MARÍA.
Hoxe, 19 de decembro de 2023, tivo lugar o primeiro concerto musical entre os centros IES Val Miñor e o Centro Juan María de Nigrán.
Queremos felicitar ao alumnado de 1º de ESO matriculado en linguaxe e práctica musical do IES e, especialmente a Iago e André do Centro Juan María polo seu bo facer.
O ALUMNADO DE 1º DE ESO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.
O alumnado de 1º de ESO celebrou o 4 de decembro o día internacional da discapacidade con alumnado de outros centros de Nigrán no pavillón de deportes baixo o lema: " Diferentemente iguais". O grupo de teatro Xermola coa colaboración dos alumnos e alumnas do CEE Juan María representou o conto "todos menos un". Para finalizar todos os asistentes puideron gozar da tradicional chocolatada invitados polo Concello de Nigrán.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »