Curso 2014-15
Programa de Educación para Saúde- Obradoiro de Sexualidade para o alumnado de 4º da ESO.
O alumnado de 4º da ESO desenvolverá un programa de Educación para a Saúde (módulo de Sexualidade). O mércores día 11 de marzo realizarase esta actividade. Os relatores desta actividade serán voluntarios da Cruz Vermella Xuventude de Vigo.
27 de Marzo: Visita do alumnado de 1º da ESO ao Salón do Libro e percorrido cultural pola cidade de Pontevedra.
O venres día 27 de marzo o alumnado de 1º da ESO visitará o Salón do Libro en Pontevedra. Farán o roteiro Castelao polas rúas da cidade visitando tamén o Museo Provincial. No salón do libro tamén asistirán a obra de teatro titulada "Pan, Pan".
Des oeufs de Pâques
Créer des oeufs de Pâques.
Entroido no IES
Chegou o Entroido e con el as aulas e corredores do Instituto enchéronse de caras, máscaras e personaxes que non adoitan frecuentar estes lugares. A comunidade educativa en xeral perdeu a cabeza, como por outra banda é típico de estas datas, e tanto profesores como alumnos fixeron de todo para mostrar a sua ledicia.
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO- SEXUAL PARA OS ALUMNOS/AS DE 2º E 3º DA ESO
Os alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO realizan un programa de Educación Afectivo-Sexual impartido pola asociación Xaira e en colaboración co CIM de Nigrán. Os contidos concretos que se traballan son: a sexualidade, o concepto de amor, o bo trato no marco de relación entre eles e elas; a prevención de Grooming.
Le fantôme de l'Opéra
SAÍDA TEATRO SALESIANOS e MARCO
O 6 de febreiro de 2015 ás 10h, 53 alumnos de francés de 2º, 3º ESO e 1º BAC, acompañados das profesoras Nuria e Cristina, asistiron á representación “Le fantôme de l'Opéra” versión teatral adaptada da novela de Gaston Leroux.
VISITA Á ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN O 29 DE XANEIRO
OS ALUMNOS DE 1º ESO APRENDEN COMO SE TRATAN AS AUGAS RESIDUAIS NUNHA EDAR