Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

PARABÉNS BORJA

Parabéns Borja, polo teu terceiro posto no campionato de España de lanzamento de martelo, na categoría sub 16. O noso alumno foi quen de facer un lanzamento de 51,33 metros, nunha disciplina que require moita coordinación e forza. Compatibilizar os estudos co adestramento no seu club, RC Celta é merecedor cando menos da nosa felcitación.

FALADOIRO DE INAUGURACIÓN DA NOVA CANLE DE PODCAST DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. 8M

ACHEGAMOS OS DOUS CAPÍTULOS DO FALADOIRO ONDE ESCOITARÁS AS INVITADAS ESPECIAIS:

CAPÍTULO 1: SARA E VERA CLICA

CAPÍTULO 2: NOA, LUCÍA E ALEXANDRA CLICA

XORNADA DE RUGBY EN PRAIA AMÉRICA EN COLABORACIÓN CO VIGO RUGBY CLUB. DÍA REDONDO E OVALADO.

CLICA 

Agradecemos ao Vigo rugby club que se achegara a Praia América para impartir unha sesión de promoción do rugby, que foi posible grazas á xenerosidade de Óscar, Diego e Joaquín. O alumnado desfrutou dun día frío aínda que soleado, poñendo en práctica o aprendido nas clases de Educación Física, nun espazo inigualable, onde a diversión e o movemento foron os protagonistas.

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS.

Un ano máis, tanto o alumnado de 3ºESO a 1º BACH, coma o profesorado, recibiu formación a través do departamento de Educación Fisica, en primeiros auxilios. Aprendeuse a facer a manobra de RCP e de Heimlich, así como a usar un DEA (Desfibrilador automático) entre outros contidos. O material cedeuno en empréstito o CFR (Centro de Formación e Recursos de Vigo). Este ano decidiuse solicitar ao concello un DEA ou DESA para instalalo no centro. Esta iniciativa é apoiada polo consello escolar. Esperemos poder contar con el, pois a intervención ante unha parada cardíaca, nos primeiros 3-5 minutos é vital.

XA TEMOS GAÑADORES DO TORNEO DE FÚTBOL. OS CAMPIÓNS "TIKI-TAKA"

Tras unha longa tempada de choivas que non permitía dar continuidade ao torneo de fútbol, por fin puideron xogarse tódolos partidos que faltaban, coa chegada do sol. Os campións, contentos, recolleron os seus agasallos, pero como podedes observar nas fotos, o que máis lles gusta é o vale dos bocatas ,que Chiqui na cafetería lles prepara con cariño. Continuarase ofrecendo actividade física no patio. En breve organizaranse novos torneos. Esperámosovos na pista.

CAMPIÓN DO TORNEO DE TENIS DE MESA CURSO 2022-23. ANXO FERREIRA .

Un ano máis Anxo Ferreira de 1º Bach, revalida o seu título de campión do torneo de tenis de mesa, que tivo lugar no primeiro trimestre do curso. Parabéns Anxo.

MAGOSTO 2022

Nesta xornada soleada de San Martiño, os trompos voltaron ao camiño. E non soamente os trompos, tamén a chave, a rá, os zancos, os sacos, as tabas, os bolos celtas ... As ganas de pasalo ben, desfrutar e compartir fixeron que esta xornada fose un gran día de convivencia. Se queres ver máis de cerca o que aquí aconteceu CLICA

INICIO DA ACTIVACIÓN DO PATIO A TRAVÉS DO PROGRAMA RE-CREO O RECREO.

Deron comezo os torneos do recreo e o empréstito do material, para incrementar o nivel de actividade física do alumnado. Comezouse cos torneos de fútbol e tenis de mesa.

FÚTBOL GAÉLICO DA MAN DA AGFG (Asociación Galega de Fútbol Gaélico)

O alumnado de 1º e 2º da ESO, está coñecendo nas clases de Educación Física da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, este deporte. Se queres saber mais sobre o regulamento e forma de xogo CLICA AQUÍ

CLASES DE BALONMÁN GRATUITAS NO INSTITUTO DO PLAN CORRESPONSABLES ORGANIZADO POLO CLUB SEIS DO NADAL

Amplían os horarios do Plan Corresponsables a Gondomar para a segunda quincena do mes de setembro. Recordamos que é unha actividade gratuita financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Distribuir contido