Club de lectura
En maio lemos " Campos de fresas".
Comezamos o mes de maio lendo "Campos de fresas" de Jordi Serra i Fabra.
AGASALLO PARA OS COMPOÑENTES DO CLUB DE LECTURA.
Polo bo traballo e a responsabilidade que ata estes momentos están manifestando os compoñentes do club de lectura fixémoslle un agasallo. O deseño é da alumna Sofía Bergés.
PRÓXIMA LECTURA: O PACTO DO LETARGO DE MIGUELANXO PRADO.
Comezaremos o mes de abril lendo: o pacto do letargo de MiguelAnxo Prado.
DA LITERATURA AO CINE: LOS JUEGOS DEL HAMBRE.
No club de lectura estamos vendo a adaptación da novela ao cine. Este traballo o facemos coa película: los juegos del hambre.
OPINIÓNS SOBRE O LIBRO " LOS JUEGOS DEL HAMBRE".
" A protagonista é valente, atrevida e tenra coa familia. Sacríficase polos demais" (Aldana).
" A protagonista é unha experta co arco e as flechas" (Alex)
" A irmá pequena parece máis cativa da idade que ten. Parecia que non tiña 12 anos". (Iago)
"Ao principio móstrase unha rapaza segura de si mesma, máis tarde é unha rapaza confusa e insegura" (Roque)
" Eu non destacaría ningunha escena en particular. Os libros gústanme globalmente ou non". (Iago)
" Para xulgar o comportamento dos protagonistas hai que ter en conta o contexto distópico" (Roque)
OPINIÓNS SOBRE O LIBRO "O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE".
" É un libro desgarrador". Iago
" O protagonista é moi intelixente. Vexo na súa sinxeleza moita intelixencia". Daniel
" O título e o debuxo da portada está en consonancia co pensamento do protagonista". Iago
" Eu cambiaríalle o título. Creo que no é o axeitado para a historia. Talvez o titularía Momentos difíciles". Roque
" Aínda non me quedou claro porque o pai matou o can". Alex
" Vai decaendo. Gústanme máis os primeiros capítulos que os derradeiros" Iago
" Algúns capítulos se me fan lentos" Abel
"Esperaba un final máis rompedor". Dani
CONTINUAMOS LENDO. Agora tócalle ao "curioso incidente do can á media noite"
Neste mes de febreiro o libro proposto polos alumnos e alumnas é: " O curioso incidente do can á media noite", de Mark Haddon.
O CLUB DE LECTURA CONTINÚA O SEU CURSO. ANO ESCOLAR 2020-21
Un ano máis o club de lectura inicia a súa andaina. Continuamos o labor do profesor Jaime do curso pasado e comezamos coa lectura de Voando só de Roal Dahl.