Contrato Programa
O alumnado de 1ºC-ESO acode a representación de danza contemporánea : MULLERES EN ACCIÓN -VIOLENCIA ZERO
Os alumnos e alumnas de 1º ESO-C acudiron hoxe 21 de febreiro a praza do Concello de Nigrán a ver o espectáculo de danza contemporánea da formación PERDOMUS. Un alegato contra a violencia da muller organizado pola Deputación de Pontevedra.
PRESENTACIÓN ENTRE OS TITORES E TITORANDOS. POR FIN SE VEN AS CARAS, PARA COMEZAR CO PROGRAMA TEI.
O mércores 25, tras varias sesións formativas nas que o alumnado comprendeu e se implicou na participación deste programa de titoría entre iguais, fíxose a presentación entre o alumnado de 3º da ESO e o alumnado de 1º da ESO . Establecéndose esa canle de comunicación e de confianza tan importante.
Respirábase nerviosismo, pero tamén compromiso e por parte do profesorado expectativas moi altas respecto a esta iniciativa. Comeza a camiñar esta experiencia, que esperemos se poida continuar e axude a mellorar a convivencia no centro. Temos moitas esperanzas postas no programa.
O PROFESORADO DO CENTRO EN FORMACIÓN PERMANENTE. FORMÁNDONOS PARA A IMPLEMENTACIÓN DO PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS
Parte do profesorado do centro, está formándose co obxectivo de implementar no centro un programa de titoría entre iguais, o programa TEI. Co obxectivo fundamental de mellorar a convivencia no centro.
Se queres saber algo máis sobre o programa clica AQUÍ.
O creador do programa é Andrés González Bellido. Que foi o noso relator na formación levada a cabo no CEFORE de Vigo xunto a outros institutos interesados en implementar este programa.
QUINCE ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO CELEBRAN CO CEE Juan María o día internacional da discapacidade.
Alumnos e alumnas de 4º da ESO participaron nunha actividade conxunta co alumnado do Centro de Educación Especial Juan María co gallo do día internacional da discapacidade.
RESULTADO PUBLICITARIO DO OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o cartel publicitario resultante das propostas elaboradas polos alumnos e alumnas de 4º da ESO cando traballaron no obradoiro de prevención da violencia de xénero.Coas súas ideas unha empresa publicitaria realizou este cartel que serviu para a campaña para o 25 de novembro do Concello de Nigrán.
OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO
Os alumnos e alumnas de 4º da ESO están traballando nun obradoiro de prevención de violencia de xénero cunha duración de catro sesións. Esta actividade faise en colaboración co CIM- centro de información da muller- do Concello de Nigrán.
OBRADOIRO DE RECICLAXE: OS LUNS DE 14:30 16:30
Este obradoiro, que está dirixido polas profesoras Ana Fuentes e Carmela García, reutiliza os materiais e dalles unha nova función e unha nova vida.
Algunhas das obras realizadas neste obradoiro, decoran o instituto, ou forman parte de exposicións didácticas, entre outras funcións.
ÚLTIMAS INTERVENCIÓNS NO PATIO, DENTRO DO PROGRAMA RE-CREO O RECREO.
O profesorado do departamento de Educación Física, púxose mans a obra e pintou as liñas deportivas das canchas exteriores de deportes, para mellorar ese espazo, e que a súa utilidade sexa maior. Polo menos agora xa saben desde onde tirar un tiro libre, ou cal é a área de balonmán, entre outras vantaxes, deste pintado.
Os máis cativos fixeron a transmisión interxeracional do patrimonio lúdico, que antes se xeraba de forma espontánea nos patios, pero que agora precisa dun pequeno pulo. Pero detrás dese pulo, volve a aparecer a fruición, cos xogos de sempre.
MELLORA DA CONTORNA A TRAVÉS DA PINTURA.
A conserxería, sufriu unha remodelación, e tendo a sorte de contar coa profesora Lola Arjones, tamén se lle engadiu a creatividade e arte, que se transforma desde as súas mans á parede, co fin de que a chegada ao noso hall de entrada, sexa máis agradable.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »