Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS DENTRO DO PROGRAMA TEI (Titoría entre iguais)

O luns 6 de novembro, realizouse unha xornada de xogos cooperativos entre o alumnado de 3º da ESO e 1º da ESO, co obxectivo de cohesionar ao alumnado que participa no programa TEI (titoría entre iguais).

Parabéns e agradecementos para : o alumnado de 3º da ESO que ensinou os xogos cooperativos moi cariñosa e profesionalmente, á colaboración do profesorado que fixo posible esta actividade  e á ANPA co apoio económico realizado, para poder mercar o paracaídas co que se fixeron algúns dos xogos.

Para que opinedes se o obxectivo se conseguiu, achegámosvos un enlace ao vídeo da actividade, e ao álbum de fotos.

Se clicas nesta imaxe poderás ver as FOTOS.

A continuación se clicas na imaxe, poderás ver o VÍDEO.

ACTIVIDADES QUE PARTEN DO GRUPO DE TEATRO. E ENRIQUECEN A VIDA DIARIA DO CENTRO.

En momentos significativos do curso escolar realizáronse actuacións que tiveron moito traballo detrás e que enriquecen a vida diaria do centro.

No entroido, no día das letras galegas, como despedida do alumnado de 2º de Bacharelato. A continuación unha pequena escolma de distintos momentos.

Para ver o vídeo da actuación CLICA AQUÍ

No día das letras galegas

No acto de graducación de Bacharelato

INTERVENCIÓNS NO PATIO

Como en cursos anteriores, continuamos a realizar intervencións no patio que melloren o clima e o entorno deste espazo social por excelencia e como lugar onde o alumnado poida adquirir un estilo de vida activo.

Houbo torneos de distintos deportes e distribución de espazos diferentes onde poder practicar actividades moi diversas, ou ben competindo ou simplemente polo pracer de xogar por xogar. Así puidose facer baloncesto, fútbol, voleibol, bolos celtas, tenis de mesa... Pero este ano hai que destacar o gran éxito do tenis de mesa, sobre todo entre o alumnado de 1º da ESO, polo que se adquiriu unha nova mesa pois estaban moi solicitadas.

MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTO PARA ACADAR A EXCELENCIA, DESDE O DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA.

A orde do universo no patio do IES. Traballando co Espazo: “O tamaño do Sistema Solar" no patio do IES. 

A Diversidade Biolóxica no contorno do Val Miñor.

E o IES na contorna: De dentro cara a fora. A Auga e Nós.

Foron os centros de aprendizaxe dos distintos proxectos realizados.

No documento adxunto atoparedes información máis detallada de como se traballou.

MEMORIA CONTRATO PROGRAMA 2016-17

MIL GRAZAS A LUCÍA ÁLVAREZ, SAINZA, JAVI ESCORZA E BRUNO ROMÁN DE 4º DA ESO POR EMBELLECER O NOSO INSTITUTO.

Os alumnos de 4º da ESO Lucía, Saínza, Javi e Bruno de 4º da ESO dirixidos maxistralmente pola súa profesora Belén fixéronnos este magnífico agasallo para embellecer o salón de actos. MIL GRAZAS.

A REVOLUCIÓN DAS LEITUGAS DA O SEU FROITO.

As leitugas plantadas polo alumnado de 1ºC-ESO na horta escolar están  dicindo lévame para casa e cómeme.

OBRADOIRO DE REGUEIFAS PARA O ALUMNADO DE 3º DA ESO

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO tiveron hoxe luns día 29 de maio un obradoiro de Regueifas impartido por Luis O Caruncho e Pinto de Herbón.

SAVE THE CHILDREN AGRADECE A PARTICIPACIÓN DO IES VAL MIÑOR NO MARCAPÁXINAS SOLIDARIO

Alumnos e alumnas de 1º  e 2º da ESO participou na campaña de Save the Children: marcapáxinas solidario. A recaudación ascendeu a 162,61 €.

DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN FIXÉRONSE ECO DAS NOSAS ACTIVIDADES

DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN LOCALES E DA COMUNIDADE AUTÓNOMA FIXÉRONSE ECO DAS NOSAS ACTIVIDADES: FARO DE VIGO, TVG, VAL MIÑOR TV.

Distribuir contido