Contrato Programa
PROGRAMA RE-CREO O RECREO ÚLTIMAS INTERVENCIÓNS
Este ano continuamos dándolle pulo, a este espazo social que é o patio, realizando microintervencións que cambien e potencien a actividade física, a interacción social e a convivencia positiva. Entre as actividades que se foron realizando ata agora destacamos as seguintes.
Torneos no recreo: de tenis de mesa e fútbol. Resaltando que este ano un grupo de chicas valientes formaron un equipo de fútbol e aí están dándoo todo nos torneos do recreo.
Asemade colocouse unha fonte e unha barandilla que crean un espazo novo no patio.
Como en anos anteriores o torneo de mesa ten moita aceptación e os finalistas foron premiados cun adestramento no clube de tenis de mesa Vincios, que teñen equipo en Super División, a competición máis importante a nivel nacional deste deporte.
ACTIVIDADE DE COHESIÓN DENTRO DO PROGRAMA TEI ( TITORÍA ENTRE IGUAIS)
Hoxe, 19 de decembro, a piques de coller as vacacións de Nadal os alumnos e alumnas de de 1º e 3º da ESO (titorandos e titores) realizaron varias actividades cooperativas dentro do PROGRAMA TEI. Grazas ao todos: profesorado e alumnado pola vosa colaboración.
DA MAN DO PROFESOR D. EMILIO GARCÍA COÑECEMOS O GRAO DE COMERCIO DA ESCOLA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS DE VIGO
O profesor D. Emilio García da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo presentoulles ao alumnado de 1º de bacharelato matriculado na materia de Economía o grao de COMERCIO que imparten nesta prestixiosa escola.
COÑECEMOS A OFERTA EDUCATIVA DA "ESCUELA TÉCNICA DE JOYERÍA DEL ATLÁNTICO".
Nesta semana de decembro o alumnado de 4º da ESO matriculado na materia de educación plástica e visual coñeceu a oferta educativa das ensinanzas especiais e, en especial, a oferta educativa da "escuela de joyería del atlántico". Desde aquí queremos dar as grazas ao seu director D. Carlos Pereira polo seu tempo e dedicación.
PRESENTACIÓN DO CICLO DE FP de APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL DO IES ANTÓN ALONSO RÍOS de Tomiño
Os profesores María José e Tito do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño presentáronlle aos alumnos e alumnas de 4º da ESO o seu ciclo de aproveitamento e conservación do medio natural máis coñecido por ciclo de forestais. O noso agradacemento pola súa amena charla.
PROGRAMA" I- GUAYS" PARA O ALUMNADO DE 1º BACH IMPARTIDO POLA ASOCIACIÓN MENTHOR
Dona Ádega Castro Fernández da asociación MENTHOR traballou cos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato o programa "I-GUAYS". Un programa cuio obxectivo é realizar un labor de prevención en violencia de xénero e que o alumnado se conciencie de que ser "guay" é tamén loitar pola igualdade de xénero e abolir o maltrato a mulleres.
PRESENTACIÓN DO GRAO oficial privado en ADE con doble titulación internacional. MBA. Master in Business Administration
O profesor Gonzalo Garré da escola de negocios de ABANCA presentou hoxe ao alumnado de 4º da ESO o Grao oficial privado en ADE con doble titulación internacional. MBA. Master in Business Administration.
BAIXO O MESMO PARAUGAS
O 3 de decembro celebrase o día internacional das persoas con discapacidade. O IES VAL MIÑOR uniuse un ano máis a este celebración escribindo nun paraugas unha serie de desexos e palabras de ánimo para este colectivo de persoas. Grazas ao centro de educación especial Juan María por invitarnos a colaborar con eles. E, feliz día para todos e todas.
CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA
Aquí lles mostramos algunhas das actividades realizadas polo alumnado de 1º da ESO durante a semana da ciencia no mes de novembro.
Parabéns para todos e todas polo seu bo traballo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »