Orientación
TRABALLO DA PRIMEIRA SEMANA DO CURSO
TES ATA O MÉRCORES DÍA 21 PARA PREPARAR A SEGUINTE ACTIVIDADE: VAS A TER QUE EXPOÑER, PRESENTAR..... ALGO QUE FIXECHES NO VERÁN:
POR EXEMPLO:UNHA VISITA A UN MUSEO OU UNHA EXPOSICIÓN.UN DEBUXO.UNHA NOTICIA DO XORNAL QUE CHE CHAMARA A ATENCIÓN. ALGO QUE CONSTRUIRAS COAS MANS.UNHA CANCIÓN OU UN BAILE QUE APRENDICHES.
UNHA RECEITA NOVA DE COCIÑA.UNHA WEB QUE NOS POIDAS RECOMENDAR.UN VIDEO DE YOUTUBE QUE QUEIRAS COMPARTIR CONNOSCO.ETC
CLASES PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN VIAL NO PAVILLÓN DE PANXÓN PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO
Hoxe, día 19 de maio, tivo lugar a segunda parte da educación vial impartida pola policía local de Nigrán: as clases prácticas. Por mor do tempo tivémonos que trasladar ata o pavillón de Panxón. A pesar deste imprevisto pasámalo ben e aprendimos moitos cousas cos policías e tamén cos bombeiros.
EDUCACIÓN VIAL PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO
Os alumnos e alumnas de 1º de ESO reciben educación vial teórico-práctica. Esta formación é impartida pola POLICIA LOCAL do Concello de Nigrán.
PAULA ALFARO ALEJOS, estudante da USC, FALANOS DO GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL
Paula Alfaro Alejos, estudante do grao en Educación Social na USC, explicoulle aos alumnos e alumnas de 1º e 4º da ESO en que consiste esta titulación, as saídas profesionais que ten e os ámbitos onde desenvolven o seu labor. Por outra banda, tamén lles falou do seu traballo educativo cunha rapaza con síndrome de Down, centrado fundamentalmente na área de comunicación e na lectoescritura.
NON OS OES PIAR?
Con fotos de Alvaro Martínez Leiro do movemento Arte K podemos disfrutar dunha exposición de corenta fotos onde os protagonistas son os paxaros que nos espertan todas as mañás.
Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato visitan a Universidade de Vigo
Máis de 50 alumnos e alumnas matriculados en 1º de bacharelato visitaron este mércores, vinte de abril, distintas facultades da Universidade de Vigo.
Celebración do día internacional do Síndrome de Asperger no IES VAL MIÑOR
O alumno de 1º de bacharelato, Iago Aballe presentounos o documental titulado: Asperger: unha síndrome descoñecida. Con él pretendía informarnos e achegarnos as realidades e as vivencias de todos os que padecen esta síndrome e as estratexias que podemos realizar para facerlle unha vida máis agradable.
Escola de Pais e Nais
O mércores 17 de Febreiro da comezo a Escola de Nais e Pais do Val Miñor
Unha escola de nais e pais é un tempo e un lugar de reflexión sobre como educamos aos nosos fillos e fillas e como nos relacionamos coas persoas que os educan. Falamos, sobre todo, dos nosos éxitos educando e tamén de aquilo que se necesita mellorar.
Chamámoslle “escola” por que esta actividade transcorre durante varios meses a razón dunha reunión por semana e o sitio escollido é un centro escolar.
CLASES SEN FUME NO IES VAL MIÑOR.
CLASES SEN FUME PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO. Estamos a desenvolver un programa de prevención do consumo do tabaco onde os alumnos e alumnas comprométense a non fumar alomenos seis meses. Este programa trata de reforzar a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza o premio como incentivo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »