Educación Física
PROGRAMACIÓN CURSO 2017-18
Nos documentos adxuntos, dispoñedes da programación para o curso escolar 2017-18
EXAMES DE SETEMBRO DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLE
1º ESO
Área promoción de estilos de vida saudable (vida sana). O alumnado con esta área suspensa deberá entregar en setembro o traballo sobre etiquetaxe. En documentos adxuntos atoparás as instruccións.
Na área de educación física terán un exame teórico (40% da nota): Quecemento xeral, capacidades físicas básicas, desafíos cooperativos. E a parte práctica (60% da nota): exame de dominio dos xestos técnicos básicos das seguintes modalidades deportivas; baloncesto, floorball e deportes de raqueta (palas, bádminton e tenis de mesa)
2ºESO
Na área de educación física os contidos do exame teórico (40% da nota): Quecemento específico, capacidades físicas básicas, métodos de adestramento da resistencia aeróbica. E a parte práctica (60% da nota):exame de dominio dos xestos técnicos básicos das actividades deportivas que se impartiron ao longo do curso, os tests serán de voleibol, circo, balonman e ultimate.
3º ESO
INTERVENCIÓNS NO PATIO
Como en cursos anteriores, continuamos a realizar intervencións no patio que melloren o clima e o entorno deste espazo social por excelencia e como lugar onde o alumnado poida adquirir un estilo de vida activo.
Houbo torneos de distintos deportes e distribución de espazos diferentes onde poder practicar actividades moi diversas, ou ben competindo ou simplemente polo pracer de xogar por xogar. Así puidose facer baloncesto, fútbol, voleibol, bolos celtas, tenis de mesa... Pero este ano hai que destacar o gran éxito do tenis de mesa, sobre todo entre o alumnado de 1º da ESO, polo que se adquiriu unha nova mesa pois estaban moi solicitadas.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES DO CURSO 2016-17
Enviado por adelamiras o Xov, 29/06/2017 - 09:52PROFE QUE TOCA HOXE? HOXE TOCA FACER KAYAK NO RÍO MIÑO, PASANDO POLO CUNQUEDO, E CHEGAR A TUI.
O primeiro agradecer a ANPA a colaboración no esforzo económico que fixo para abaratar o precio da actividade para o alumnado.
O alumnado de 3º da ESO, o xoves 1 de xuño, realizou unha ruta en kayak, desde Caldelas de Tui (no Balneario antigo) ata Tui. As fotos amosan que esta actividade mereceu a pena, e os obxectivos están sobradamente superados. O contacto coa natureza, o esforzo físico e reto que supuxo, o incremento nas interaccións positivas entre o alumnado e a cohesión do grupo, novas oportunidades de ocio activo...
Se queres ver as fotos CLICA
CHEGANDO BEN ALTO. ESCALADA NO GALIÑEIRO, NO SECTOR CORNUS. DA MAN DE MONTAÑEIROS CELTAS.
O martes 29 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato acompañado de Ilda, Beatriz e Adela, achegouse ao Galiñeiro para ter unha experiencia directa e intensa coa escalada, da man do club Montañeiros Celtas. Aproveitamos a ocasión para subir ao cumio do Galiñeiro norte. Unha mañá tocando as nubes.
Se queres ver máis fotos CLICA
TENIS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DAS DUNAS DE GAIFAR. 2017
Rematamos a unidade didáctica de tenis nas pistas das dunas de Gaifar, co alumnado de 3º da ESO. O centro participa por terceiro ano consecutivo no programa tenis na escola da federación galega de tenis, que nos permite dispoñer do material de balde. Unha gran experiencia de novo.
Se CLICAS na imaxe poderás ver as fotos.
O ALUMNADO DE 1º DA ESO PARTICIPOU NA VII CONVOCATORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA.
Este ano participamos na VII convocatoria "Educación física na rúa", organizado polo consello xeral, dos COLEF (colexios profesionais de educación física) baixo o lema " Estilo de vida activo para todos/as e para sempre". No que participaron arredor de 33000 alumnos/as de 300 centros educativos de distintos puntos da xeografía española.
O obxectivo foi amosar o traballo que se fai nas clases de educación física actualmente e lembrar a importancia dun estilo de vida activo.
Contra vento e marea. Fixemos a clase nun entorno coma sempre inmellorable, en Praia América, onde o vento foi o invitado especial. Camiñamos, xogamos ao béisbol, as palas, ao voleibol, ao frisbee, ao diábolo, e disfrutamos da actividade física ao máximo.
Se queres ver máis imaxes desta xornada CLICA AQUÍ
RUGBY EN PRAIA AMÉRICA.
Tras realizar unha unidade didáctica de rugby no instituto, achegámonos á praia a Praia América, para da man da federación galega de rugby, co seu programa rugby ready, vivir unha experiencia máis intensa, contando coa presencia e inestimable axuda de Diego Dolan encargado de desenvolver o programa da federación e do Vigo rugby club, que estaba representado por Maka Tatafu xogador do primeiro equipo do club, e Luis Martínez director da escola de rugby. A súa xenerosidade permitiu, que 90 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor de Nigrán, coñecesen un deporte que aquí en España é un deporte minoritario, pero en outros paises cercanos coma Francia ou Inglaterra teñen un gran arraigo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »