Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

POESÍA E CREATIVIDADE EN GALEGO POLO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.

 O alumnado de 3º e 4º da ESO traballou coa profesora de galego Carme Giráldez a poesía e a creatividade.

PARTICIPANDO NA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA OS CENTROS "Juan María".

O instituto Val Miñor participa na campaña solidaria de recollida de tapóns co centro específico de Educación Especial Juan María.Grazas a esa doazón o centro de Educación Especial pode reciclalos creando unha actividade útil e entretida para persoas con diversidade funcional. Co recadado financian proxectos destinados aos seus usuarios.

CREACIÓN DE ESPAZOS INTERACTIVOS E SOCIALIZADORES NO PATIO.

Un dos obxectivos da mellora da convivencia era a creación no patio escolar de espazos inclusivos e diferentes de socialización para o alumnado . Aquí temos unha mostra. Pedimos a todo o alumnado que se responsabilice destes lugares de lecer para desfrute de todos e todas.

OUTRO XEITO DE COÑECER O TEOREMA DE PITÁGORAS.

O alumnado de 2º de ESO chegou a coñecer o Teorema de Pitágoras coa súa profesora Patricia dun xeito máis práctico.

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO A PASO. PUNTO FINAL

CHEGOU O FINAL. ASÍ QUEDOU O MARABILLOSO MURAL FEITO POLO ALUMNADO DE 1ºDE ESO, 3º e 4º de ESO e 1º de BACHARELATO  e diríxidos pola profesora Begoña.

VISITA AO IES VAL MIÑOR DOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO.

Hoxe, 22 de maio, recibimos ao futuro alumnado de 1º ESO do curso 2019-2020 dos centros adscritos: CEIP da Cruz-Camos e CEIP Humberto Juanes.

Viñeron acompañados polo seu profesorado e pasaron un día "festivo" connosco. Aquí os temos nun momento do recreo.

EXPOSICIÓN OFICIOS TRADICIONAIS DE GALICIA.

Lembrando os antigos oficios da Galicia tradicional.

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

       Á obra de arte vai chegando a súa finalización. Grazas por todo Begoña.

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO aos CIFP Manoel Antonio, Valentín Paz Andrade e ao Centro Residencial Docente de Vigo.

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO, de xeito preferente os matriculados na materia de iniciativas emprendedoras, visitaron no día de hoxe os CIFP MANOEL  ANTONIO, VALENTÍN PAZ ANDRADE e o CRD de Vigo. Alí visitamos os distintos obradoiros dos ciclos medios e superiores.

Distribuir contido