Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

Viaxe a Lisboa 2018

Un ano máis viaxamos á capital lusitana con alumnos de 1º Bach. Desta vez aloxámonos nun albergue xuvenil que nos permitiu establecer novas relacións. Coñecemos a biblioteca de Ajuda co seu cancioneiro, o mosteiro dos Xerónimos, a Torre de Belém, o museo dos carros, o dos azulejos, o castelo de San Jorge...

Se queres ver máis fotos CLICA AQUÍ

Letras galegas 2018

María Victoria Moreno foi a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas ; no IES Val Miñor celebrámolo coa actuación do actor Avelino González, coa lectura de fragmentos da obra de María Victoria Moreno, con acompañamento musical por alumnos da ESO e a lectura do primeiro acto da obra teatral "O achado do castro" . Unha xornada completa e divertida.

Teatro de 1º da ESO. "Leonardo e os fontaneiros"

Os alumnos de 1ºESO asistiron ao auditorio de Nigrán no mes de maio para gozar coa representación da obra "Leonardo e os fontaneiros" baseada na novela de María Victoria Moreno que leva o mesmo nome. Alí xuntáronse con rapaces doutros centros da zona. Cada un dos alumnos puido obter un exemplar da novela.

Roteiro A Esmorga. 4ºESO.

No mes de abril, os alumnos de 4º ESO, despois de ter lido a novela A Esmorga de Blanco Amor, puideron percorrer pola cidade de Ourense os lugares máis emblemáticos polos que os protagonistas da ficción viven as súas experiencias. Despois do percorrido visitaron o pazo de Trasalba de Otero Pedraio e gozaron coa paisaxe do entorno. Para finalizar a xornada, coñeceron as termas de Outariz e relaxáronse nas súas augas termais.

Se queres ver máis fotos CLICA AQUÍ

CELANOVA 2018

O alumnado de 3º da ESO viaxou a Celanova a finais de abril. Alí gozaron coas lecturas de poemas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Asistiron a un concerto didáctico de órgano na igrexa de San Rosendo, visitaron a casa dos Poestas e a Torre comarcal de Vilanova dos Infantes. Unha xornada completa, interesante e entretida.

Se queres ver máis imaxes do que alí aconteceu CLICA AQUÍ

VISITA AO PERGAMIÑO VINDEL

O alumnado de 1ºBACH, visitan o Pergamiño Vindel no Museo do mar, o xoves 22 de febreiro

O alumnado do IES Val Miñor visitou o Museo do mar para coñecer o Pergamiño Vindel, tesouro da nosa cultura galego-portuguesa, por ser o único texto medieval que recolla a notación musical de seis cantigas de amigo de Martín Códax, xograr do século XIII, probablemente de Vigo.

Asistiron primeiro a unha interesante explicación sobre os materiais empregados na elaboración do Pergamiño; puideron comprobar as dificultades da escrita naquel tempo. A continuación percorreron a exposición arredor do Pergamiño Vindel e a súa época.

Unha xoia que permanecerá entre nós ata marzo, mes no que retornará a Library Morgan de Nova York.

MAGOSTO 2017

Esta semana foi unha semana intensa. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro, coma en anos anteriores, impulsado e organizado polo departamento de dinamización lingüística.

O alumnado de 4º da ESO e de 1º Bacharelato, axudou no desenvolvemento dos distintos xogos populares que voltaron a encher o patio de tradición e disfrute. Asemade o alumnado de 4º tamén asou as castañas e ofrecía a papatoria da xornada, buscando empezar a financiar a súa viaxe de fin de etapa.

O profesorado implicouse como en outras ocasións,para levar a cabo esta actividade de centro. Actividades que son fundamentais na vida diaria, pois son as que encolan e das que se aprende moito, desde outro prisma, do instituto.

Gustaríanos adicar unha mención especial, ao alumnado encargado da organización deste ano, pois o fixo especialmente ben. Foi unha xornada moi participativa, lúdica e didáctica.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES.

No IES Val Miñor celebramos o Día das Letras Galegas o martes 23 de maio. Gozamos co espectáculo de Avelino González: “Entre un polbo...e un galo”, unha magnífica representación na que o actor nos achegou á vida e á obra de Carlos Casares. Co seu monólogo fíxonos rir e pensar...

 Alumnos de 1º ESO e 1º Bac. leron algúns textos da literatura galega acompañados co son da guitarra do profesor Tito e da alumna de 1º Bac. Susana.

 Para rematar a celebración, un grupo de alumnos de 1º Bac e 4º ESO representaron a obra “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”.

 Foi unha xornada completa e divertida.

SE QUERES VER MÁIS FOTOS CLICA.

ROTEIRO DA ESMORGA

O venres 12 de maio algúns alumnos de 4º ESO viaxaron a Ourense para realizar o percorrido que seguen na ficción os protagonistas da novela “A esmorga” de Blanco Amor.

 Ao remataren a ruta dirixíronse a Trasalba para coñeceren o pazo familiar do escritor Otero Pedrayo, onde este pasaba os veráns.

 Acompañounos un tempo chuvioso como o que caracteriza o ambiente da novela. Aínda así, a climatoloxía non foi impedimento para que algúns rapaces probasen, pola tarde, as augas quentes das termas da Chavasqueira.

Distribuir contido