Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

MEMORIA DO CURSO 2017-18

NO GALIÑEIRO NON VIAMOS NADA. AO MAL TEMPO BOA CARA. ESCALADA NO 2018.

O 31 de maio un grupo de valentes, de 1º de Bacharelato realizou escalada no sector Cornus do Galiñeiro. O tempo non quixo acompañarnos, pero iso non mermou os ánimos deste grupo de alumnado do que me sinto orgullosa. E quero dar as grazas especialmente, ao profesor de plástica Anxo, por acompañarnos, aguantando o chaparrón, nunca mellor dito. 

Menuda molladura nos collemos. Aquí tedes as fotos, a ver se sodes quen de identificaros. CLICA AQUÍ 

GRANDES PALISTAS DO MIÑOR NO MIÑO.

O 30 de maio o alumnado de 3º da ESO realizou o descenso do río Miño desde Caldelas ata Tui. Foi unha actividade intensa coa que o alumnado disfrutou do contacto co entorno natural tan impresionante que ten Galicia, neste caso o río Miño. 

Achegamos algunhas fotos do que foi esa experiencia a continuación.

Para ver as fotos CLICA AQUÍ

DESIRÉE VILA BARGIELA. O ÚNICO INCURABLE SON AS GANAS DE VIVIR.

O luns 28 de maio o instituto contou coa honra de recibir a Desirée Vila Bargiela, muller loitadora e que é un exemplo en primeira persoa de superación. Presentounos o seu novo libro, "Lo único incurable son las ganas de vivir", que xa podedes mercar se queredes. Regalounos un exemplar que está na biblioteca ao voso dispor. Agradezo ao concello que nos puxera en contacto con esta grandísima persoa. 

O seu novo proxecto vital é participar nas Olimpiadas de Tokio 2020. 

Para ver a noticia publicada no Faro de Vigo. Clica no seguinte enlace. https://www.farodevigo.es/deportes/2018/05/29/desiree-vila-juegos-tokio/1900286.html

FÚTBOL GAÉLICO

O mércores 23 de maio nas clases de Educación Física do alumnado de 4º da ESO, contamos coa presenza de Juan, que nos ensinou un deporte descoñecido para moitos. O fútbol gaélico. Deporte con moito arraigo en Irlanda, e que agora está empezando a ter presenza en Galiza.

Achegamos unhas imaxes para que observedes cómo aprendemos nestas clases. Grazas Juan.

Estase a formar un equipo de fútbol gaélico no Val Miñor. Por se alguén está interesado.

PARA VER AS FOTOS E VÍDEOS  CLICA AQUÍ

Vídeo explicativo deste deporte por se queredes saber máis

RUGBY EN PRAIA AMÉRICA

O alumnado de 1º de Bacharelato, despois de realizar unha unidade didáctica de rugby flag no instituto, realizou unha xornada especial de rugby na praia, o martes 22 de maio. Da man da Federación Galega de rugby e o Vigo rugby club. Agradecemos a súa xenerosidade, para que esta xornada fora posible, pois foi dun aproveitamento máximo. Se queredes observar o que alí aconteceu podedes clicar nos seguintes enlaces.

Para ver as FOTOS CLICA AQUÍ

E para ver o VÍDEO CLICA AQUÍ

SAÍDA AS PISTAS DE TENIS DAS DUNAS DE GAIFAR.

O 24 de abril o alumnado de 3º da ESO, disfrutou dunha xornada de tenis, nas instalacións deportivas municipais das Dunas de Gaifar. O centro como en anos anteriores, contou coa cesión dun pack de raquetas, por parte da federación galega de tenis,  que permitiu que se impartise na asignatura de educación física unha unidade didáctica deste deporte.

Esperemos poder volver a repetir esta experiencia o próximo curso.

ESTE ANO FORON 10 DÍAS DE FROITA

Un ano máis, o centro participa no programa de reparto de froitas nos centros educativos. Coa novidade de que este ano foron 10 días consecutivos.

O alumnado de 1º da ESO na súa asignatura de Promoción de Estilos de vida saudable, foi o encargado de organizar este reparto. Pois estanse a traballar na aula nestes momentos, conceptos de nutrición.

A aceptación da actividade foi moi boa. A colaboración do profesorado e alumnado imprescindible e de agradecer. E a gran protagonista. A FROITA.

COMO RAPACES E RAPAZAS CON ZAPATOS NOVOS. ESTAMOS ESTREANDO MATERIAL. APRENDENDO UN NOVO DEPORTE O KIN BALL

En 1º de Bacharelato estamos aprendendo un deporte alternativo que se chama Kin Ball.

Distribuir contido